Robin Hood
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | ladrón, espadachín, arqueiro, xusticeiro |
Familia | |
Cónxuxe | Maid Marian |
Parella | Maid Marian |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica Dictionary of National Biography Dictionnaire infernal (6ª edición) |
Robin Hood foi un arquetípico heroe e foraxido do folclore inglés medieval.
Segundo a lenda, Robin Hood era un home chamado Robin Longstride ou Robin de Locksley, quen era de gran corazón e vivía fora da lei, agochado no Bosque de Sherwood e de Barnsdale, preto da cidade de Nottingham.[1] Hábil arqueiro, defensor dos pobres e oprimidos, loitaba contra o shériff de Nottingham e o príncipe Xoán sen Terra (logo Xoán I de Inglaterra), que utilizaban a forza pública para acaparar ilexitimamente as riquezas dos nobres que se lles opuñan. Na Inglaterra medieval, todo individuo que se opuña ós edictos reais era considerado un "foraxido".
Argumento de Robin Hood
[editar | editar a fonte]Roberto Fitz Ooth vai casar coa fermosa Mariana Gilewater, filla do barón de Arlongford. Pero a cerimonia é interrompida por unha banda de soldados do Príncipe Xoán irrompendo na capela e declara a Roberto Fitz Ooth "un home fora da lei". Este consegue fuxir cos seus fieis amigos e compañeiros e refúxiase no bosque de Sherwood, converténdose así en Robin Hood.[2][3]
Mariana, encerrada co seu propio pai, escapa e reúnese co seu noivo, seguida polo cura-confesor, o Irmán Miguel, que cambiará de nome despois. Namentres, o príncipe Xoán namórase de Mariana, búscaa desesperadamente e queima o castelo do seu pai. Despois de numerosas aventuras no bosque, Robin Hood e os seus amigos atopan un cabaleiro descoñecido: o Rei Ricardo, que volve de Terra Santa. Devolve os seus títulos nobiliarios a Robin e ós demais perseguidos e permite que case coa súa amada.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Algunhas adaptacións ó cine foron:
- Curtametraxe de cine mudo titulada Robin Hood and his Marry Men (1908) dirixido por Percy Stow.
- Cine mudo Robin Hood outlawed (1912), produción británica.
- Cine mudo Robin Hood (1912), versión estadounidense con Robert Frazer.
- Cine mudo In the days of Robin Hood (1913), versión norteamericana.
- Robin Hood (1973), filme de animación producido polos estudios Disney. Os personaxes son todos animais que habitan o bosque de Sherwood. Robin é un raposo.
- Robin Hood, príncipe dos ladróns (1991), de Kevin Reynolds e protagonizada por Kevin Costner.
- Robin de Locksley (1996) protagonizada por Devon Sawa.
- Back to Sherwood (1999), serie de TV de produción canadense.
- Robin Hood, Prince of Sherwood (2008), telefilme, producido para TV.
- Beyond the Sherwood Forest (2009) con Robin Dunne e Erica Durance.
- Robin Hood, de Ridley Scott, con Russell Crowe, (2010).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ridley Scott’s Robin Hood mostly accurate about medieval life". Medieval Archives (en inglés). 2010-09-21. Consultado o 2024-11-04.
- ↑ Robert Fitzooth (ou Fitztooth), Conde de Huntingdon, é unha identidade ficticia para Robin Hood. O nome publicouse por primeira vez na Paleographica Britannica de William Stukeley en 1746. Daquela, a asociación de Robin co condado de Huntingdon tornouse convencional, grazas a Anthony Munday a obra de teatro de 1598 Robert Earl of Huntingdon; tamén se cría xeralmente que coincidía co reinado de Ricardo I de Inglaterra.
- ↑ Robert E. Morsberger. "In Quest of Robin Hood." Bulletin of the Rocky Mountain Modern Language Association 25, no. 3 (1971): 75-85.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Aeroporto de Doncaster Sheffield, entre Doncaster e Sheffield nomeado en 2005 "Robin Hood Airport Doncaster Sheffield".
- Árbore de Robin Hood
- Bosque de Sherwood
- Carta Magna
- Major Oak (o "Carballo Maior" da lenda de Robin Hood)
- Nottinghamshire
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "La Carta Magna y la leyenda de Robin Hood" (en castelán, Historia Hoy).