Saltar ao contido

Vladimir Prelog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVladimir Prelog

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1906 Editar o valor en Wikidata
Saraxevo, Bosnia e Hercegovina Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xaneiro de 1998 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Zürich, Suíza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMirogoj Editar o valor en Wikidata
EducaciónIII Gymnasium Osijek (en) Traducir
Universidade Técnica de Praga Editar o valor en Wikidata
Director de teseEmil Votoček (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica orgánica e Bioquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, profesor universitario, enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
EmpregadorFaculty of Pharmacy and Biochemistry (en) Traducir (1935–1941)
ETH Zürich Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoHar Gobind Khorana Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Прелог Владимир)
Obálky knih,
Medvik >>>:Prelog, Vlado, 1906-1998, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Prelog-3 Find a Grave: 92076127 Editar o valor en Wikidata

Vladimir Prelog, nado o 23 de xullo de 1906 e Saraxevo (Bosnia e Hercegovina) e finado o 7 de xaneiro de 1998 en Zürich (Suíza), foi un químico e profesor universitario.

Prelog Obtivo o Premio Nobel de Química en 1975 polos seus traballos no campo da estereoquímica das reaccións de catálises das enzimas que compartiu con John Warcup Cornforth. Obtivo a cidadanía suíza en 1959. Durante moito tempo mantivo a nacionalidade iugoslava aínda cando residiu en Checoslovaquia e Suíza durante moito tempo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vladimir Prelog naceu en Saraxevo, que por aquel entón pertencía ao Imperio Austrohúngaro. Con 8 anos de idade, na visita que realizaba o arquiduque Francisco Fernando e a súa esposa á súa cidade, estivo presente no chamado atentado de Saraxevo que acabou coa vida do arquiduque e serviu de detonante para o comezo da Primeira guerra mundial.

En 1915 trasládase, xunto coa súa familia, a Zagreb, onde estudou no instituto. Entre 1924 e 1929 estudou química no instituto da tecnoloxía checo en Praga, na entón Checoslovaquia. O profesor Emil Votocek, impulsor da química checoslovaca, foi o supervisor da súa tese, pero el estaba baixo a protección de Rudolf Lukes, que por entón impartía clases e chegou a ocupar o prestixioso posto de Votorek en química orgánica.

Segundo di o propio Vladimir, a base da súa educación científica débella a Lukes do que foi amigo persoal ata a súa morte en 1960. A súa instrución completouse mediante a lectura e o seguimento de Robert Robinson, Christopher Kelk Ingold e Leopold Ruzicka aos que Prelog considera "os seus profesores virtuais" e cos que tubo ocasión de traballar nos últimos anos da súa carreira.

En 1929 licenciouse co título de Doutor Enxeñeiro. Polos problemas derivados da crise económica do 29 non puido entrar na docencia e atopou traballo nun laboratorio químico de Praga onde desenvolvían procuctos químicos raros en pequenas cantidades. O posto ofrecíalle a posibilidade de realizar algunhas investigacións, aínda que modestamente, pero Prelog botaba en falta o ambiente académico.

En 1933 casa con Kamila en Praga, máis adiante, en 1949, xa en Zürich terían ao seu único fillo.

Traballo en Zagreb

[editar | editar a fonte]

En 1935 regresa a Zagreb para copar unha praza na Universidade de Zagreb. Alí estivo dando clases como profesor aínda que a categoría, e o soldo, que tiña era de axudante. Coa colaboración de dous estudantes traballou nunha pequena fábrica farmacéutica que lle proporcionaba os recursos suficientes para si e o seu laboratorio.

Traballo en Zürich

[editar | editar a fonte]

En 1941 os alemáns invaden Iugoslavia, que fora fundada en 1918 e decide abandonar o país, pero é invitado por Richard Kuhn para dar algunhas clases en Alemaña e tamén recibe unha invitación de Leopold Ruzicka para que o visitara. Aproveitando ambas as invitacións abandona Iugoslavia trasladándose, xunto á súa muller, a Suíza.

Ruzicka atópalle traballo no instituto da tecnoloxía federal (ETH) en Zürich, no laboratorio de química orgánica. Aquí comeza a súa colaboración con Ruzicka que duraría moito tempo e serviríalle para ascender no posto académico. Foi ascendendo aos poucos ata que en 1957 chegou a xefe de laboratorio. Non se atopou a gusto como director de laboratorio e intentou deixalo ata que conseguiu que dito cargo fose rotatorio quedando el fóra.

Vladimir Prelog foi un gran viaxeiro. Percorreu máis de 150 lugares do mundo impartindo conferencias e seminarios. Segundo el mesmo confesa, non dominaba ningunha lingua correctamente e ironizaba que ían verlle por escoitar o seu estraño acento.

Premio Nobel

[editar | editar a fonte]

Prelog recibiu 1975 premio Nobel de química polos seus traballos no campo de compostos naturais e da estereoquímica. Este premio compartiuno co químico de investigación John Warcup Cornforth. A súa carreira científica abarca máis de 400 traballos. Como catedrático destacou polo seu estilo elocuente, formou a moitas xeracións de químicos. En 1986 fixéronlle membro honorario da Academia Croata de Ciencias e de Artes.

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Na súa vida privada Vladimir Prelog era unha fonte de anécdotas sobre case todos os químicos relevantes mundiais. Tiñan un gran bagaxe cultural polo que era considerado como un intelectual. Non lle gustou nunca exercer a autoridade e rexeitaba a confrontación. Como persoa introspectiva, irónico e sospeitoso de altas aspiracións sociais, políticas ou relixiosas, Prelog raramente permitiu a inxerencia na súa vida privada.

Foi un dos 109 gañadores do Nobel que asinaron a petición de paz para Croacia en 1991.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Prelog, Vladimir, My 132 Semesters of Studies of Chemistry. Oxford University Press, Oxford, 1998. ISBN 0-8412-1772-6

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Paul J. Flory
Premio Nobel de Química

1975
con
John Warcup Cornforth
Sucesor:
William Lipscomb