Saltar ao contido

Du gamla, du fria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Du gamla, Du fria»)
Du gamla, du fria
En galego: Ti antiga, ti ceibe
Himno deSuecia Suecia
LetraRichard Dybeck
1844
Mostra da música
noicon

Du gamla, du fria (literalmente: Ti antiga, ti ceibe) é o himno nacional de Suecia. A letra das dúas primeiras estrofas foron escrita por Richard Dybeck en 1844 e as dúas últimas por Louise Ahlén en 1910. Ao contrario que en moitos países, o himno de Suecia non goza de status de oficialidade, senón que se asentou por mero uso tradicional.

Nun comezo foi escrita por Dybeck como unha canción popular da provincia de Västmanland e a letra comezaba con Du gamla, du friska (literalmente "Ti antiga, ti sá"), con todo logo decidiu trocalo por Du gamla, du fria. A canción comezou ser utilizada como himno nacional, a partir da década de 1890, en festas de carácter patriótico. Os dous últimos versos, compostos por Ahlén son pouco coñecidos e rara vez se cantan. As dúas primeiras estrofas son sempre cantadas cando se entoa o himno en Suecia. Nun contexto internacional, como por exemplo en eventos deportivos, varía o número de estrofas utilizadas, e en ocasións só se entoa a primeira.

Du gamla, du fria Ti antiga, ti ceibe
Du gamla, Du fria, Du fjällhöga nord
Du tysta, Du glädjerika sköna!
Jag hälsar Dig, vänaste land uppå jord,
Din sol, Din himmel, Dina ängder gröna. (bis)
Du tronar på minnen från fornstora dar,
då ärat Ditt namn flög över jorden.
Jag vet att Du är och Du blir vad du var.
Ja, jag vill leva jag vill dö i Norden. (bis)
Jag städs vill dig tjäna mitt älskade land,
din trohet till döden vill jag svära.
Din rätt, skall jag värna, med håg och med hand,
din fana, högt den bragderika bära. (bis)
Med Gud skall jag kämpa, för hem och för härd,
för Sverige, den kära fosterjorden.
Jag byter Dig ej, mot allt i en värld
Nej, jag vill leva jag vill dö i Norden. (bis)
Ti antiga, ti ceibe, ti norte de altas montañas,
Ti silenciosa, ti afable e leda!
Saúdote a ti, o país máis amigable do mundo.
Ti sol, ti ceo, teus verdes prados. (bis)
Ti reinas na memoria de gloriosos días pasados,
cando o teu nome era venerado en todo o mundo.
Sei que es e serás o que fuches.
Si, eu quero vivir e quero morrer no norte. (bis)
Quero servirte sempre, miña terra amada,
quero xurarte fidelidade até a morte.
Defenderei os teus dereitos con mente e man,
portando en alto a túa heroica bandeira. (bis)
Xunto a Deus loitarei polo meu fogar,
por Suecia, miña patria amada.
Non che troco por nada no mundo
Non, eu quero vivir e quero morrer no norte. (bis)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]