Himne de l'Exposició
Himne de l'Exposició | |
---|---|
Himno de | Comunidade Valenciana |
Letra | Maximilià Thous i Orts 1909 |
Música | Josep Serrano Simeón 1909 |
Adoptado | 1905 |
O Himne de l'Exposició (Himno da Exposición) é o himno oficial de País Valenciano. É obra do mestre Josep Serrano Simeon, coa letra de Maximilià Thous, encargada expresamente para a Exposición Regional de 1909. En 1925 foi declarado "himno rexional", e en 1984 a Lei de Símbolos vaino facer oficial como himno autonòmico.
A música é unha composición do século XVI, de motivación relixiosa que, pese a non ter letra, interpretábase no día de San Xurxo, patrón do antigo Reino de Valencia, ao cal asistía o rei da Coroa de Aragón. O compositor Josep Serrano integrou esta peza musical en parte do Himno da Exposición Rexional de 1909 de Valencia.
Himno da Exposición Rexional Valenciana de 1909
[editar | editar a fonte]No 1909 celebrouse a Exposiciò Regional Valenciana. Esta Exposición foi promovida polo seu presidente Tomás Trenor Palavicino, e polo Ateneo Mercantil de Valencia. Trenor encomendou a composición dun himno para a exposición a Josep Serrano Simeón, quen se encargaría da música, mentres que a letra debería realizala Teodor Llorente. A pesar disto, e debido á demora de Teodor Llorente ao crear a letra, Josep Serrano, empezou el só a compoñela seguindo os modelos do poeta Maximilià Thous. O himno resultante recibiu unha boa acollida na "Exposición Rexional Valenciana". Pouco tempo despois, os alcaldes dos concellos de Castelló de la Plana, Valencia e Alacant decidiron que aquel himno se convertese no himno da Rexión de Valencia, e que foi aprobado en maio do 1925. Nun primeiro tempo, o himno de Valencia foi coñecido coma "O Himno da Exposición", debido a que a súa creación foi grazas a este acontecemento.
Declaración como himno oficial
[editar | editar a fonte]O himno foi cantado coa letra orixinal de Maximilià Thous e Orts. Pero a aparición da palabra "España" no primeiro verso suscitou diversas reticencias e discrepancias. O compositor Josep Serrano recoñeceu que dera instrucións expresas a Maximilià Thous para redactar este primeiro verso. Nun artigo do compositor ao diario "La Voz Valenciana" de maio de 1925 manifestaba:
España, os meus himnos e eu. Un dos meus grandes amores é esta terra valenciana onde nacín: pero sempre que compuxen un himno pedinlles aos meus colaboradores que no primeiro verso aparecese a palabra "España" (...) e así comezan os meus tres himnos. Himno en València: Para ofrendar novas glorias en España?; València Canta: Nai de España, Sol de València…; e A canción do soldado: Soldado son de España… Isto non é obstáculo para que os meus fillos falan perfectamente o valenciano. Así entendo eu o rexionalismo[1].
Posteriormente circularon tamén versións nacionalistas, que se asemellaban á de Thous Orts, pero que mudaban algunhas palabras e frases.
Para declaralo himno oficial da comunidade autónoma logo da creación desta na década dos oitenta, o presidente Joan Lerma encargoulle un informe ao compositor valenciano Eduard López-Chávarri Andújar, fillo de Eduard López-Chávarri e Marco[2]. Foi declarado oficial con esta letra que se acompaña en 1984, se ben a lei considera oficiais as dúas versións, en castelán e en valenciano.
Así e todo, distintos sectores da sociedade valenciana seguen a ter reticencias con respecto ao himno, e houbo propostas de himnos alternativos por parte de sectores máis nacionalistas, por exemplo a Muixeranga, unha canción sen letra que naceu nas festas de Algemesí. Posteriormente, o uso e as distintas actualizacións normativas, cambiaron lixeiramente o texto escrito en valenciano (pengen por penjen, tapís por tapiç, estenen por extenen, visca por vixca, signo de distintos acentos, maiúsculas etc.), se ben non se produciu ningunha actualización legal que referendara o seu uso.
O 5 de decembro do 2008 Plácido Domingo gravou o himno xunto coa Orquestra de la Comunitat Valenciana en dúas versións, valenciano e castelán.
Letra
[editar | editar a fonte]Texto oficial[3]
[editar | editar a fonte]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fonte: Bernardo Adam Ferrero. Músicos Valencianos. Ed. Proip, S.A. 1988. València. ISBN 84-87179-00-2
- ↑ Fonte: Eduard López-Chávarri Andújar. Compositores Valencianos del Siglo XX (capítulo adicado a Josep Serrano). Generalitat Valenciana, Col·lecció Música 92. 1992. ISBN 84-7890-985-0
- ↑ "Lei 8/1984". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o 07 de abril de 2019.