Escola filosófica

(Redirección desde «Escola de pensamento»)

Unha escola filosófica é unha maneira de pensar ou de proceder en relación á filosofía. As escolas filosóficas moitas veces xorden a partir das ensinanzas dun mestre e en oposición a unha escola rival.

Outros nomes para aproximadamente a mesma idea son: escola de pensamento, corrente de pensamento, corrente filosófica, doutrina filosófica e movemento filosófico.

Neste artigo resúmense as principais escolas da filosofía occidental.

Escolas filosóficas de Occidente

editar

Idade Antiga

editar
 
Peripatéticos no Liceo de Atenas.
 
Epicuro de Samos.
 
Zenón de Citio.
 
Plotino.
 
Hipatia, pintura de Charles William Mitchell (1885).
  • Escola de Mileto: Fundada no século VI a.C. Membros seus foron Tales, Anaximandro e Anaxímenes.
  • Escola eleática: Escola presocrática con auxe nos séculos VI e V a.C. Os seus membros máis importantes foron Parménides de Elea e Zenón de Elea.
  • Pitagóricos: Organización grega de astrónomos, músicos, matemáticos e filósofos, que deben o seu nome á influencia que sobre eles tivo o filósofo presocrático Pitágoras. Crían que todas as cousas son, en esencia, números. O pentagrama (estrela de cinco puntas) foi un importante símbolo relixioso usado polos pitagóricos, que o denominaban "saúde". Para eles o perfecto σοφόσ (sophós, 'sabio') era ao mesmo tempo o perfecto cidadán; por iso o pitagorismo creou unha aristocracia e acabou por intervir en política. Os pitagóricos seguían unha dieta vexetariana [1] á que chamaban por aquel entón dieta pitagórica.
  • Escola megárica: Fundada por Euclides na súa cidade natal de Megara.
  • Sofistas: É o nome con que actualmente se coñece a un grupo de respectados autores que arredor do século V a.C. percorría as cidades da Antiga Grecia intercambiando as súas ensinanzas por diñeiro. Denominábanse a si mesmos sabios (σοφοι sophoi), e o saber en que dicían ser expertos era a sofística, que se refería ao comportamento moral e político do ser humano. Foron os primeiros en romperen coa busca presocrática dunha unidade orixinaria (a phýsis) iniciada con Tales de Mileto e finalizada con Demócrito de Abdera (que aínda que falecería pouco tempo despois de Sócrates, ten o seu pensamento inserido dentro da filosofía presocrática). Para os sofistas, o ben, a verdade, a xustiza, coma todos os valores, non son algo absoluto senón máis ben relativo. Subliñaban o feito de que en moitas ocasións, o que era bo para uns podía ser malo para moitos. Incluso para un mesmo individuo, o que era bo nunhas ocasións, podía ser malo noutras. Esta doutrina sofística pode expresarse pola máxima de Protágoras de Abdera: O home é a medida de todas as cousas. Tal máxima expresa o sentido de que non é o ser humano quen ten que acomodarse a patróns externos, que sexan impostos por algo que non sexa o propio ser humano, senón que é o propio ser humano quen debe acomodarse segundo a súa liberdade.
  • Platonismo: Seguidores de Platón.
  • Escola peripatética: Seguidores de Aristóteles no Liceo.
  • Epicureísmo: Escola dos discípulos de Epicuro. É un sistema filosófico que defende a busca dunha vida boa e feliz mediante a administración intelixente de praceres e dores, a ataraxia (αταραχία, "ausencia de turbación", "paz de espírito"), e os vínculos de amizade entre os seus correlixionarios, chamados epicúreos. Epicuro propoñía a realización da vida boa e feliz, a ataraxia e as relacións amistosas entre os seus discípulos. Este pracer non debía limitarse só ao corpo, como preconizaba o hedonismo cirenaico, senón que debía ser tamén intelectual, xa que o home é un todo. Para Epicuro a presenza do pracer ou felicidade era un sinónimo da ausencia de dor, ou de calquera tipo de aflición: a fame, a tensión sexual, o aburrimento etc. Era un equilibrio perfecto entre a mente e o corpo que proporcionaba a serenidade ou ataraxia.[2]
  • Escola cínica: Fundada por Antístenes, sostivo que a felicidade vén da vida simple e natural.
  • Escola cirenaica: Fundada por Aristipo de Cirene e centrada en cuestións de ética.
  • Estoicismo: Fundado por Zenón de Citio, no ano 301 a.C. Zenón, de orixe chipriota e posibelmente de ascendencia mixta, grega e oriental,[3] despois dunha axitada vida trasladouse a Atenas no 311 a.C. Durante a súa su estancia nesta cidade tomou contacto coa filosofía socrática, en especial a da escola cínica, e a megárica. Segundo Dióxenes Laercio, inicialmente inclinouse polo cinismo, pero pronto abandonou esta escola porque rexeitaba as numerosas "exaxeracións" nas que caían. Tras este abandono, estudou con outros filósofos das escolas académica, aristotélica e megárica pero, insatisfeito tamén con elas, acabou creando a súa propia escola, na que combinaba múltiples aspectos cínicos cos doutros filósofos como Heráclito.[4] Xa desde a antigüidade, tense estudado a posíbel influencia que sobre Zenón tiveron doutrinas semíticas tales como o xudaísmo ou as filosofías do oriente medio; o considerábel parecido entre o estoicismo e o cristianismo nalgunhas doutrinas, sobre todo na ética e na cosmoloxía, suxeriron a panexiristas cristiáns como Quintiliano e Tertuliano que Zenón estaba familiarizado, pola súa orixe semita, co xudaísmo.[5] O estoicismo foi un movemento filosófico que, durante o período helenístico, adquiriu a súa maior importancia e difusión por todo o mundo greco-romano, gozando de especial popularidade entre as elites romanas. O seu período de preeminencia vai do século III a.C. até finais do século II d.C. Tras diso, deu signos de esgotamento que coincidiron coa descomposición social do Alto Imperio romano e o auxe do cristianismo. O estoicismo foi a última grande escola de filosofía do mundo grego, e continuou existindo até que, no ano 529 d.C., o emperador Xustiniano clausurou a Escoa de Atenas. O termo estoicismo provén do lugar no que Zenón comezou a dar as súas leccións no ano 301 a.C., na Stoá poikilé (en grego Στοά, Stoá, 'pórtico', e ποικιλή poikilé, 'pintado'), que era o Pórtico pintado da ágora de Atenas.
  • Neoplatonismo: Sistema filosófico que naceu na Alexandría do século III, e que se ensinou en diferentes escolas até o século VI. É a última manifestación do platonismo antigo, e constitúe unha síntese de elementos moi distintos, con achegas das doutrinas filosóficas de Pitágoras, Aristóteles, Zenón e, sobre todo, Platón, unidas ás aspiracións místicas de orixe hindú e xudeu.[6] Fundada, segundo parece, por Amonio Saccas, o seu representante máis importante foi Plotino, que permaneceu once anos xunto a aquel antes de profesar a súa doutrina en Roma a partir de 244. O seu discípulo Porfirio redactou as súas leccións a publicounas, reunidas en seis Enéadas, e tomou a dirección da escola a finais do século III. A tradición filosófica do neoplatonismo mantívose no século V, e foi ensinada a partir do 400 na escola de Atenas, por Plutarco de Atenas. A escola de Atenas foi clausurada en 529 por un edito de Xistiniano. Despois da morte de Hipatia (415), afastárase do neoplatonismo e, no século VI, mesmo chegou a ser un foco de resistencia ás doutrinas neoplatónicas. É destacábel como neoplatónico Sinesio de Cirene, do que nos quedaron como fontes indirectas da figura da súa mestra Hipatia as cartas dirixidas a ela, así como outros manuscritos. Segundo os neoplatónicos, o principio de todo o existente á a unidade absoluta, o Un, chamada realidade suprema ou gran vacuidade, da que xorden todas as demais realidades por emanación. O primeiro ser emanado do Un é o Logos, chamado tamén Verbo, ou Intelixencia, que contén as ideas das cousas posíbeis. Despois, a Intelixencia enxendra a Alma como idea, principio do movemento e da materia. O Un, a Intelixencia e a Alma son as tres hipóstases da Trindade neoplatónica. O neoplatonismo, con Porfirio, loitou contra o cristianismo, e atribuíu cada vez máis importancia aos procedementos prácticos destinados a provocar a éxtase. Influíu na patrística cristiá (Pseudo Dionisio Areopaxita, Agostiño de Hipona) e tamén, a través dela, no pensamento medieval e na escolástica, até chegar ao Renacemento (Marsilio Ficino, Giovanni Pico della Mirandola).

Idade Media

editar
 
Agostiño de Hipona por Sandro Botticelli, c. 1480.
 
Tomé de Aquino (1224 – 1274), máximo representante da escolástica.
 
Detalle do cadro de Andrea de Bonaiuto O Triunfo de San Tomé, coa imaxe sentada en repouso e pensativa de Averroes, apoiado posibelmente nalgún libro de Aristóteles.
 
Abelardo e Eloísa son sorprendidos por Fulberto. Pintura titulada Les Amours d'Héloïse et d'Abeilard, do artista Jean Vignaud (1819).
En tal punto producíronse as dúas condenas da Sorbona de 1270 e 1277, polo bispo Étienne Tempier. Tempier especificou 219 teses averroístas inaceptábeis.
A idea de separación entre filosofía e relixión infliu no desenvolvemento do secularismo moderno.[11][12] A resultas diso, algúns consideran a Averroes o pai fundador do pensamento secular, mesmo na Europa Occidental.[13]
  • Nominalismo: Doutrina filosódica que nega a existencia de universais, que non admite a existencia do universal nin no mundo das cousas, nin no pensamento.[14]. É dicir, unha doutrina segundo a cal todo o que existe son particulares.[15][16] O nominalismo nega a existencia de universais tanto de maneira inmanente (nos particulares) coma trascendente (fóra dos particulares). En rigor, a doutrina oposta ao nominalismo non é o realismo, que acepta a existencia tanto de particulares como de universais, senón o universalismo, que sostén que todo o que existe son universais.[17] Xurdiu na súa forma máis radical no século XI por medio de Roscelino de Compiègne, que atribuía universalidade aos nomes, de aí a orixe do termo.[14] A cuestión dos universais, inicialmente lóxico-gramatical, estendeuse aos problemas teolóxicos e metafísicos atinxindo o conxunto de dogmas da igrexa cristiá. Por exemplo, Joán Roscelino (falecido en 1120), mestre de Abelardo, co seu conceptualismo, pon en dúbida o dogma da Santa Trindade de Deus: a única substancia divina non pasa dun nome, as tres persoas (Pai, Fillo e Espírito Santo) son tres substancias diversas, sinaladas por un nome común. Así xurdiu a herexía do triteísmo, condenada en 1092 polo Concilio de Reims, no cal moitos temían polas verdades da fe. Abelardo foi un dos principais promotores da lóxica até o século XIII. A súa obra Dialéctica liberaba a lóxica da metafísica dándolle autonomía.

Idade Moderna

editar
 
Erasmo de Rotterdam (1466-1536), por Hans Holbein o Novo.
 
René Descartes (1596-1650). Retrato por Frans Hals.
 
John Locke (1632-1704), o máis influente empirista inglés.
 
David Hume (1711-1776) sostivo un empirismo que derivou en escepticismo.
  • Humanismo: Movemento intelectual, filolóxico, filosófico e cultural europeo estreitamente ligado ao Renacemento, cuxo orixe se sitúa no século XIV na Península Itálica (especialmente en Florencia, Roma e Venecia) con personalidades como Dante Alighieri, Francesco Petrarca e Giovanni Boccaccio. Buscan a Antigüidade Clásica e retoman o antigo humanismo grego do século de ouro e mantén a súa hexemonía en boa parte de Europa até finais do século XVI, cando se foi transformando e diversificando a mercede dos cambios espirituais provocados pola evolución social e ideolóxica de Europa, fundamentalmente ao coludir cos principios propugnados polas reformas (luterana, calvinista etc.), a Contrarreforma católica, a Ilustración e a Revolución francesa do século XVIII.[18][19]. A expresión studia humanitatis contrapúxose por Coluccio Salutati aos estudos teolóxicos e escolásticos cando tivo que falar das inclinacións intelectuais do seu amigo Francesco Petrarca; para el, humanitas significaba propiamente o que o termo grego filantropía, amor cara aos nosos semellantes, pero en Salutati o termo estaba rigorosamente unido ás litterae ou estudo das letras clásicas. O humanismo propugnaba, fronte ao canon eclesiástico en prosa, que imitaba o pobre latín tardío dos Santos Padres e o simple vocabulario e sintaxe dos textos bíblicos traducidos, os studia humanitatis, unha formación íntegra do home en todos os aspectos fundada nas fontes clásicas grecolatinas, moitas delas entón buscadas nas bibliotecas monásticas e descubertas daquela nos mosteiros de todo o continente europeo. En non poucos casos estes textos foron traducidos grazas ao traballo de, entre outros, Averroes, e á infatigábel busca de manuscritos por eruditos monxes humanistas. Todo iso destinado a acceder así a un latín máis puro, brillante e xenuíno, e ao redescubrimento do grego grazas ó forzado exilio a Europa dos sabios bizantinos ao caer Constantinopla e o Imperio de Oriente en poder dos turcos otománs en 1453. O humanismo debía restaurar todas as disciplinas que axudaran a un mellor coñecemento e comprensión destes autores da Antigüidade Clásica, ao que se consideraba un modelo de coñecemento máis puro que o debilitado na Idade Media, para recrear as escolas de pensamento filosófico grecolatino e imitar o estilo e lingua dos escritores clásicos, e por iso desenvolvéronse extraordinariamente a gramática, a retórica, a literatura, a filosofía moral e a historia, disciplinas ligadas estreitamente ao espírito humano, no marco xeral da filosofía: as artes liberais ou todos os saberes dignos do home libre fronte ao dogmatismo pechado da teoloxía, exposto en sistemáticos e abstractos tratados que excluían a multiplicidade de perspectivas e a palabra viva e oral do diálogo e a epístola, típicos xéneros literarios humanísticos, xunto á biografía de heroes e personaxes célebres, que testemuña o interese polo humano fronte á haxiografía ou vida de santos medievais, e a mitoloxía, que representa un rico repertorio da conduta humana máis suxerinte para os humanistas que as castrantes lendas piadosas, vidas de santos e haxiografías.[20] Para iso, os humanistas imitaron o estilo e o pensamento grecolatino de dúas formas diferentes: a chamada imitatio ciceroniana, ou imitación dun só autor como modelo de toda a cultura clásica, Cicerón, impulsada polos humanistas italianos, e a imitatio eclectica, ou imitación do mellor de cada autor grecolatino, propugnada por algúns humanistas encabezados por Erasmo de Rotterdam.
  • Racionalismo: Corrente filosófica que apareceu en Francia no século XVII, formulada por René Descartes, que se opón ao empirismo e que é un sistema de pensamento que acentúa o papel da razón na adquisición do coñecemento, en contraste co empirismo, que resalta o papel da experiencia, sobre todo o sentido da percepción.[21]. Descartes cría que a xeometría representaba o ideal de todas as ciencias e tamén da filosofía. Mantiña que só por medio da razón se podían descubrir certas verdades universais, evidentes en si, das que é posíbel deducir o resto dos contidos da filosofía e das ciencias. Manifestaba que estas verdades evidentes en si eran innatas, non derivadas da experiencia. Este tipo de racionalismo desenvolvérono outros filósofos europeos, como o neerlandés Baruch Spinoza e o pensador e matemático alemán Gottfried Wilhelm Leibniz. Opuxéronse a ela os empiristas británicos, como John Locke e David Hume, que crían que todas as ideas procedían dos sentidos.
  • Empirismo: Teoría filosófica que enfatiza o papel da experiencia, ligada á percepción sensorial, na formación do coñecemento.[22] Para o empirismo máis extremo, a experiencia é a única base de todo coñecemento, non só en canto á súa orixe, senón tamén en canto ao seu contido. Pártese do mundo sensíbel para formar os conceptos e estes encontran no sensíbel a súa xustificación e a súa limitación. Xorde na Idade Moderna como froito maduro dunha tendencia filosófica que se desenvolve sobre todo no Reino Unido desde a Baixa Idade Media. Adoita considerarse en contraposición ao chamado racionalismo, máis característico da filosofía continental. Hoxe en día a oposición empirismo-racionalismo, como a distinción analítico-sintético, non adoita entenderse dun modo tallante, como o foi en tempos anteriores, e máis ben unha ou outra postura obedece a cuestións metodolóxicas e heurísticas ou de actitudes vitais máis que a principios filosóficos fundamentais. Respecto do problema dos universais, os empiristas adoitan simpatizar e continuar coa crítica nominalista iniciada na Baixa Idade Media.

Idade Contemporánea

editar
 
O filósofo Denis Diderot, un dos impulsores da Enciclopedia, por Louis-Michel van Loo, 1767.
 
Immanuel Kant.
 
Georg Wilhelm Friedrich Hegel, retrato por Jakob Schlesinger, 1831.
 
Heinrich Rickert.
 
Augusto Comte.
 
Moritz Schlick, contra 1930.
 
Sartre entre Simone de Beauvoir e o Che Guevara.
 
Karl Jaspers.
 
Xavier Bichat.
 
Henri Bergson en 1910.
 
Romano Guardini en 1920.
 
Karol Wojtyła, futuro papa Xoán Paulo II, en 1967, pouco antes de ser nomeado cardeal.
 
Karl Marx 1875.
 
Friedrich Engels en 1891.
 
Ferdinand de Saussure (1857-1913).
 
Claude Lévi-Strauss en 2005.
 
Salvador Allende en uniforme de militante socialista, nos anos 1930.
 
Ernesto Guevara.
 
Pierre Joseph Proudhon en 1862.
 
Mikhail Bakunin.
 
Jean Baudrillard, un dos máis destacados filósofos do ámbito da posmodernidade.
 
Gianni Vattimo en 1999.
 
Alain Badiou en 2010.
  • Enciclopedismo: Movemento filosófico e pedagóxico expresado a través da Enciclopedia publicada en Francia no século XVIII por Diderot e D'Alembert. A través deste movemento buscouse desenvolver unha obra monumental (constaba de 28 volumes —17 de texto e 11 de láminas—), na que se expoñía o pensamento da Ilustración,[23] é dicir, todo o saber daquel tempo. As principais deste movemento son:
  • Idealismo: En filosofía, idealismo designa as teorías que —en oposición ao materialismo— sosteñen que a realidade extramental non é coñecíbel tal como é en si mesma, e que o obxecto do coñecemento está preformado ou construído pola actividade cognoscitiva. As súas distintas variantes postulan e conforman a nosa imaxe do mundo dunha maneira determinada:[24][25]
  1. A entidade en si do real permanece en principio incognoscíbel, aínda que a reflexión permita aproximarse asintoticamente a un coñecemento máis refinado, nas teorías do idealismo subxectivo ou trascendental.
  2. No caso das teorías do idealismo obxectivo, esta doutrina epistemolóxica compleméntase coa teoría metafísica de que o obxecto coñecido non ten máis realidade que o seu ser pensado polo suxeito; mediante a autoconciencia deste, a verdadeira esencia do obxecto desvélase como a actividade subxectiva de pensamento como algo real e non abstracto.

A definición que antecede corresponde as escolas filosóficas que van camiño cara ao idealismo alemán, e en concreto a Kant. Non obstante, Kant é ao mesmo tempo materialista, pois contempla a existencia do mundo exterior, independentemente do home, cognoscíbel para este, aínda que non na súa totalidade. O idealismo distingue entre

  1. o fenómeno (do grego φαίνομαι, fainomai, 'mostrarse' ou 'aparecer'), que é o obxecto en tanto que é coñecido (como "aparece" fronte aos sentidos e á intelixencia), e
  2. o nóumeno (do grego νοούμενα empregado por Platón falando das ideas, propiamente "o que se pensa", neutro plural substantivado de νοούμενοσ, participio presente pasivo de νοέω, noéo, 'comprender' ou 'intelixir'), que é o obxecto tal como sería en si mesmo. As características principais deste movemento, resumindo, son:

Non coñecemos as cousas tal e como son en si (nóumeno), senón o que aparece (percibimos) aquí e agora (fenómeno).

  • O suxeito constrúe, polo menos en parte, o obxecto: para Kant o suxeito é activo no sentido de que inflúe no coñecido a partir das súas estruturas aprióricas e dos procesos que nelas descansan.
  • O coñecemento é independente da experiencia, porque os obxectos do coñecemento son os xuízos a priori.
  • Pero ao coñecemento só podemos chegar a través da experiencia, porque o obxecto do coñecemento son os xuízos sintéticos.

Filósofos idealistas foron:

  • así como as distintas escolas heguelianas.

Varias formas de teoría científica (sobre todo o esencialismo de Pierre Duhem, o falsacionismo de Karl Popper e oconstrutivismo), son dealistas en distinta maneira e grao.

  • Positivismo: Corrente filosófica caracterizada por adoptar, en xeral, unha actitude cientifista e antimetafísica, confiando plenamente na humanidade e no seu progreso indefinido. Este punto de vista proclama exclusivamente a lexitimidade e validez do coñecemento proporcionado polas ciencias empíricas. Por iso considérase que a filosofía tradicional, entendida principalmente como metafísica ou coñecemento especulativo sen necesidade de comprobación empírica, debe substituírse por outra que teña como único obxectivo entender a natureza e os métodos das ciencias, fundamentalmente as ciencias da natureza (astronomía, física, química e bioloxía). O positivismo enlázase habitualmente cunha ontoloxía materialista. Historicamente a filosofía positivista xorde no século XIX, sendo os seus máximos expoñentes Augusto Comte (1798 - 1857) e Ernst Mach (1838 - 1916).[26] O primeiro usou a palabra "posititivismo", tomada do filósofo francés Saint-Simon (1760 - 1825), para designar o seu pensamento. Así mesmo, denominou estadio positivo á etapa do progreso humano na que a ciencia se converte na principal forza social, superando períodos anteriores de carácter metafísico e relixioso nos que dominaban as supersticións e as crenzas infundadas.
  • Neopositivismo: O neopositivismo, tamén chamado empirismo lóxico ou positivismo lóxico, é unha corrente da filosofía da ciencia que xurdiu no primeiro terzo do século XX, ao redor do grupo de científicos e filósofos que formaron o célebre Círculo de Viena. Se ben intentaron ofrecer unha visión xeral da ciencia que abarcaba principalmente os seus aspectos gnoseolóxicos e metodolóxicos, talvez a súa tese máis coñecida á a que sostén que un enunciado é cognitivamente significativo só se, ou ben posúe un método de verificación empírica ou ben é analítico, tese coñecida como "do significado por verificación".[27] Só os enunciados da ciencia empírica cumpren co primeiro requisito, e só os enunciados da lóxica e as matemáticas cumpren co segundo. Os enunciados tipicamente filosóficos non cumpren con ningún dos dous, así que a filosofía, como tal, debe pasar de ser un suposto corpo de proposicións a un método de análise lóxica dos enunciados da ciencia. Iniciado en 1924 por Moritz Schlick, posteriormente Rudolf Carnap sería o continuador e líder do círculo, a maioría de cuxos compoñentes emigraron a outros países a partir de 1933, a raíz da chegada ao poder do nazismo. Membros destacados desta corrente foron, entre outros, Kurt Gödel, David Hilbert, Herbert Feigl, Hans Hahn, Richard Von Mises, Hans Reichenbach, Friedrich Waismann e, en Inglaterra, Sir Alfred Jules Ayer.
  • Existencialismo: Con este nome desígnase un amplo movemento filosófico desenvolvido en Europa principalmente entre os anos 1930 e 1950. Ademais do existencialismo sensu stricto do filósofo Jean-Paul Sartre e de novelistas como Simone de Beauvoir ou Albert Camus, inclúense tamén baixo esta rúbrica, non sen certa polémica, as filosofías existenciais de Gabriel Marcel, Karl Jaspers e Martin Heidegger, así como a teoloxía existencial de Karl Barth, entre outros.[28] Como precursor de todos eles adoita mencionarse o pensador danés Søren Kierkegaard.
  • Irracionalismo: O termo irracionalismo designa xenericamente ás correntes filosóficas que privilexian o exercicio da vontade, a individualidade e os impulsos sexuais por riba da comprensión racional do mundo obxectivo. Como tal termo, non se aplica a unha escola específica, senón que designa unha tendencia xeral no curso da historia da filosofía. Porén, e por antonomasia, adoita aplicarse ás distintas correntes existencialistas e nietzscheanas que reaccionaron contra a hexemonía da filosofía positivista e neokantiana na primeira metade do século XX. O posmodernismo contemporáneo é tamén, con frecuencia, irracionalista. A validez do termo é en si unha quaestio disputata no seo da filosofía; os defensores de posicións racionalistas argumentan que aínda a crítica da comprensibilidade do mundo ou da primacía das facultades intelectivas sobre as pulsións psíquicas ou biolóxicas realízase mediante a razón. Por este motivo, prefírese ás veces aplicar a denominación de vitalismo. As orixes da maioría das correntes irracionalistas contemporáneas áchanse na crítica á filosofía de Hegel, cuxo sistema de idealismo obxectivo representou o máximo esforzo para subsumir todas as aparentes contradicións da experiencia nunha unidade lóxica que ascendera paulatinamente, por medio da síntese intelectual dos opostos, cara ao saber absoluto. Desde posicións filosóficas radicalmente diferentes, pensadores como Schopenhauer, Nietzsche, Kierkegaard, Bergson ou Unamuno poden ser considerados irracionalistas ou vitalistas, en máis ou menos aberta oposición á dialéctica hegueliana. Dentro dun amplo raio de pensamento, encontran un denominador común na explicación do fenónemo da vida.[29]
  • Vitalismo: O vitalismo é a posición filosófica caracterizada por postular a existencia dunha forza ou impulso vital (élan vital, en francés) sen a que a vida non podería argumentarse. Trataríase dunha forza específica, distinta da enerxía estudada pola física e outras ciencias naturais que, actuando sobre a materia organizada daría por resultado a vida. Esta postura oponse ás explicacións mecanicistas, que presentan a vida como froito da organización dos sistemas materiais que lle serven de base. É un aspecto do voluntarismo, que argumenta que os organismos vivos (non a materia simple) se distinguen das entidades inertes porque posúen forza vital que non é nin física, nin química. Esta forza identifícase frecuentemente coa alma da que falan moitas relixións. Os vitalistas establecen unha fronteira clara e infranqueábel entre o mundo vivo e o inerte. A morte, a diferenza da interpretación mecanicista característica da ciencia moderna, non sería efecto da deterioración da organización do sistema, senón resultado da perda do impulso vital ou da súa separación do corpo material. O vitalismo comeza a expandirse por Europa a finais do século XVIII ante o fracaso do mecanicismo cartesiano na explicación da singularidade do orgánico. En bioloxía, este cadro teórico tivo un momento fecundo, porque apartaba o vivo do mecanismo e as explicacións causais redutivas do pensamento cartesiano, sen caer no sobrenatural. En sentido estrito, o termo vitalismo designa a escola de Montpellier e ao seu principal expoñente Paul Joseph Barthez (1734 - 1806). Tamén inclúe as obras do médico alemán Georg Ernst Stahl (1659 - 1734), do médico francés Xavier Bichat (1771 - 1802), que exerceu unha grande influencia sobre os naturalistas, do escocés John Hunter (1728 - 1799), e do francés François Magendie (1783 - 1855). Nun sentido amplo inclúe tamén as ideas posteriores de Hans Driesch (1867 - 1941), Henri Bergson (1859 - 1941) (que concibíu un élan vital ou "impulso vital", fonte inesgotábel da que flúen perennemente todas as cousas), Lecomte de Noüy e Teilhard de Chardin. Esta hipótese foi descartada pola maioría dos científicos no momento en que Friedrich Wöhler sintetizou un composto orgánico (urea) a partir de compostos inorgánicos (amoníaco e dióxido de carbono) en 1828 [30] e que despois escribiulle a Berzelius, que fora testemuña dunha gran traxedia da ciencia, a morte dunha bela hipótese por un feito feo. A bela hipótese era o vitalismo, o feito feo era a placa cos cristais de urea.[31] Segundo W. Williams, o vitalismo é parte da base de moitas pseudociencias.[32]
  • Personalismo: Corrente filosófica que pon a énfase na persoa. Considera ao home como un ser subsistente e autónomo, esencialmente social e comunitario, un ser libre, trascendente e cun valor en si mesmo, o que lle impide converterse nun mero obxecto. Un ser moral, capaz de amar, de actuar en función dunha actualización das súas potencias e, finalmente, de definirse a si mesmo considerando sempre a natureza que o determina.[33][34]. O personalismo como corrente de pensamento aparece nun medio rodeado por diversas ideoloxías propias da situación política que o mundo atravesaba durante a primeira metade do século XX. O cientifismo e o positivismo formaban parte de dito contexto, e foron dúas das ideoloxías que máis repercusións tiveron no pensamento da época, debido ao éxito alcanzado pola ciencia experimental. O método científico era considerado como o único método de coñecemento válido e deste modo rechaxeitáronse as dimensións trascendentes da persoa.[35]. O capitalismo pola súa parte proclamaba a liberdade do individuo e o seu dereito á propiedade privada, pero sen establecer mecanismos solidarios entre os suxeitos, senón que cada un debía resolver os seus problemas coas súas propias forzas e recursos. En resposta, o marxismo como ideoloxía de gran popularidade no Vello Mundo ofrecía un enfrontamento co opresor a través da loita de clases para reapropiarse dos medios de produción que usurparan os explotadores; o home estaba subordinado á humanidade total para o que se buscaba no chamado paraíso comunista. Canda o marxismo apareceron dous movementos totalitarios cunha concepción da persoa moi particular. O nazismo, por un lado, propugnaba a supremacía da raza aria sobre todas as demais, e de aí deducía o seu dereito a dominar sobre todos os pobos. O fascismo, por outro lado, definía ao home como un momento ou manifestación concreta que adopta un Espírito absoluto que permanece, e ao que debe poñerse ao seu servizo. Ante as correntes de pensamento que subordinaban o home a unha entidade superior e reducían a súa natureza a dimensións concretas que non abarcaban todo o que implica ser persoa, xorde a necesidade dunha resposta que o revalorizara e defendera a súa verdadeira identidade. Esta resposta debería estar contextualizada na realidade do mundo actual e debería ser un medio para facilitar propostas de acción á problemática do home. Resaltar a noción de persoa, a experiencia do seu ser, o encontro cos demais, a súa transcendencia, subxectividade e liberdade, constituía unha tarefa de suma importancia que finalmente o personalismo ten a ben realizar.[36] Os principais personalistas son Jacques Maritain, Emmanuel Mounier, Maurice Nedoncelle, Gabriel Marcel, Karol Wojtyła e Romano Guardini.
  • Marxismo: O marxismo é o conxunto de doutrinas políticas e filosóficas derivadas da obra de Karl Marx, filósofo, economista, xornalista e revolucionario alemán, quien fixo contribucións en campos como a socioloxía, a economía e a historia, e do seu amigo Friedrich Engels, quen o axudou en moitas das súas teorías. Para distinguir a doutrina inicial das correntes derivadas, o marxismo proposto por Marx e Engels denominouse historicamente como socialismo científico. Marx e Engels baseáronse na filosofía de Hegel e de Feuerbach, a economía política de Adam Smith, a ricardiana e o socialismo francés do século XIX para desenvolver unha crítica da sociedade que é tanto científica como revolucionaria. Esta crítica alcanzou a súa expresión máis sistemática na súa obra máis importante, O capital. Porén, o marxismo ultrapasou as ideas dos seus percursores, tornándose unha corrente política-teórica que abrangue unha ampla gama de pensadores e militantes, non sempre coincidentes e asumindo posicións teóricas e políticas ás veces antagónicas. O marxismo é obxecto de moitas críticas. Ao presentarse como "socialismo científico", en forma de ciencia que descubrira as leis do devenir histórico, pero tamén como ideoloxía que amosa tal devenir orientado cara a un fin, o marxismo recibiu sobre este punto a crítica de diversos estudosos e filósofos, como Hans Kelsen, Max Weber e Karl Popper, os cales acusárono de mesturar e contaminar de tal modo ciencia e ideoloxía. A diferenza do socialismo utópico, que contrapón o ideal á realidade, o marxismo pretende ser unha "descrición" obxectiva e moralmente indiferente do modo no que procede o desenvolvemento da historia. Ao mesmo tempo, este desenvolvemento histórico será chamado a producir un fin, a realizar un valor, ou sexa, a sociedade "dos libres e dos iguais". E é así como o marxismo pretende deducir dunha análise científica, baseada nunha evolución necesaria das cousas, unha condición final que se ve como un salto do "reino da necesidade" ao "da liberdade".[37]. A crítica non é diferente á de Max Weber, á súa vez tomada por Karl Löwith.[38] Críticas á presunta cientificidade do marxismo fíxoas Karl Popper.[39]
  • Escola da praxe: Nome que recibiu un movemento filosófico marxista e humanista orixinado nos anos 1960 en Zagreb e Belgrado na antiga República Federal Socialista de IIugoslavia. Os fundadores e principais expoñentes do grupo foron Gajo Petrović, Milan Kangrga e Mihailo Marković. De 1964 a 1974 o grupo publica a revista marxista Praxis, unha das máis recoñecidas do seu tempo no ámbito do materialismo histórico. Debido ás tumultuosas condicións sociopolíticas nos anos 1960, a afirmación dunha praxe e teoría marxista "auténtica", e dos seus aspectos humanistas e dialéticos en particular, era unha tarefa urxente para os filósofos iugoslavos. Había unha necesidade de resposta ante a forma en que a Liga de Comunistas de Iugoslavia interpretaba o marxismo-leninismo, coñecida como titoísmo. Para satisfacer esta necesidade xorde a escola da praxe, cuxo programa foi definido en francés [40] no primeiro número da edición internacional de Praxis, e difundido en inglés por Danko Grlić no mesmo número.[41] Os filósofos da escola consideraban que o leninismo e o stalinismo eran apoloxéticos debido á súa natureza ad hoc. Ademais os cualificaban de filosofías infieis á teoría marxista, que se axustaban de acordo ás necesidades da elite do partido e eran intolerantes á crítica ideolóxica.
  • Estruturalismo: O estruturalismo é un enfoque das ciencias humanas que creceu até se converter nun dos métodos máis utilizados para analizar a linguaxe, a cultura e a sociedade na segunda metade do sáculo XX. O termo non fai referencia a unha escola de pensamento filosófico claramente definida (como a antropoloxía cultural, a lingüística, o marxismo etc.), aínda que ten derivacións filosóficas de consideración. A obra de Ferdinand de Saussure Cours de linguistique générale (1916), publicada despois da súa morte polos seus alumnos, considérse habitualmente como o punto de orixe do estruturalismo. En termos amplos e básicos o estruturalismo busca as estruturas a través das cales se produce o significado dentro dunha cultura. De acordo con esta teoría, dentro dunha cultura o significado prodúcese e reprodúcese a través de varias prácticas, fenómenos e actividades que serven como sistemas de significación (estudando cousas tan diversas como a preparación da comida e os rituais para servila, ritos relixiosos, xogos, textos literarios e non literarios, formas de entretemento etc). A novidade que introduce non é a idea mesma de estrutura, xa presente de forma continua ao longo do pensamento occidental, senón a eliminación na mesma dun concepto central que ordena toda a realidade, como as ideas platónicas. O iniciador e máis prominente representante da corrente foi o antropólogo e etnógrafo Claude Lévi-Strauss (década de 1940), quen analiza fenómenos culturais como a mitoloxía, os sistemas de parentesco e a preparación da comida. Durante os anos 1940 e 50, a escena filosófica francesa caracterizose polo existencialismo, fundamentalmente a través de Sartre, aparecendo tamén a fenomenoloxía, o retorno a Hegel e a filosofía da ciencia, con Gastón Bachelard. Cando na década de 1960 Sartre se orienta cara ao marxismo, xorde unha nova moda, o estruturalismo. Lévi-Strauss inicia este novo movemento, baseándose nas ideas da etnoloxía. Máis tarde seguirano Lacan na psicanálise, Louis Althusser no estudo do marxismo e finalmente Michel Foucault. Cómpre sinalar que Althusser e Foucault rexeitaron a clasificación do seu pensamento dentro do estruturalismo e, en rigor, unicamente Lévi-Strauss realizou unha reflexión explícita sobre o estruturalismo como método. En calquera caso, trátase dun afastamento de perspectivas historicistas ou subxectivistas baixo o intento de achar unha nova orientación para a investigación. Para Jean Piaget [42], o estruturalismo "é mais ben un método e non unha doutrina" e "o perigo permanente qua ameaza o estruturalismo (...) é o realismo da estrutura na que desemboca tan pronto como se esquecen os seus lazos coas operacións das que neceu"; porque para el, "non existe estrutura sen unha construción, ou abstracata ou xenética", o que é, por outra parte, o punto de vista construtivista.
  • Marxismo humanista: O marxismo humanista (ou humanismo marxista) é unha rama do marxismo que se centra principalmente nos primeiros escritos de Marx, especialmente dos Manuscritos económicos e filosóficos de 1844 [43] nos que expón a súa teoría da alienación. En vez de asumir as teses de que na obra de Marx hai un corte epistemolóxico, se le ao Marx tardío desde perspectivas filosóficas desenvolvidas polo Marx mozo, non contrapoñéndoas. Esta corrente foi criticada polo antihumanismo do filósofo marxista Louis Althusser, quen a cualificou de revisionista e de ideoloxía burguesa. A escola da praxe é unha representante deste movemento, así como John Lewis e Salvador Allende quen, no seu discurso "A vía chilena ao socialismo" de 1971 dixo: "Pisamos un camiño novo; marchamos sen guía por un terreo descoñecido; apenas tendo como compás a nosa fidelidade ao humanismo de todas as épocas, particularmente ao humanismo marxista".[44] Outros expoñentes destacados foron Jean Paul Sartre e Ernesto Guevara. Esta escola adoita considerar os traballos de Antonio Gramsci, do primeiro Lukács e de Lucien Goldmann como fontes.
  • Humanismo cristián: O humanismo cristián é a crenza de que a liberdade e o individualismo humanos son partes intrínsecas (naturais) ou, polo menos, compatíbeis coa doutrina e práctica cristiá. É unha unión filosófica dos principios cristiáns e humanistas.[45] Entre os seus principais expoñentes encóntrase Jacques Maritain. Efectivamente, a visión cultural —ou filosofía política de inspiración cristiá— que Maritain desenvolveu con extraordinaria precisión e profundidade en varias da súas obras son o fundamento principal desta corrente de pensamento, o que é, á súa vez, unha das primeiras do desenvolvemento mundial da democracia cristiá [46] Maritain propón tamén o concepto de humanismo integral, ou da denominada nova cristiandade: "Este novo humanismo, sen común medida co humanismo burgués e tanto máis humano canto non adora ao home, senón que respecta, real e efectivamente, a dignidade humana e recoñece dereito ás exixencias integrais da persoa, concibímolo orientado cara a unha realización socio-temporal de aquela atención evanxélica ao humano que debe non só existir na orde espiritual, senón encarnarse, tendendo ao ideal dunha comunidade fraterna". O humanismo integral pasou a formar parte plena da Doutrina social da igrexa a partir do feito, certamente inusitado, de que Paulo VI, na súa encíclica Populorum Progressio (1967), citando como exemplo precisamente o libro Humanismo Integral, declarara: "42. Tal é o verdadeiro e pleno humanismo que se ten que promover". Pola súa parte, Xoán Paulo II non só ratificou esta declaración na súa encíclica Sollicitudo Rei Socialis (1987), conmemorativa dos vinte anos da Populorum Progressio, senón que converteu o concepto de 'humanismo integral' en parte substancial da súa preocupación pola "cuestión cultural dos nosos tempos", tema central do seu pontificado. Xoán Paulo II serviu de sentinela na tradición de Maritain, continuado os seus esforzos para establecer as bases intelectuais dunha teoría personalista da democracia e dun 'humanismo integral'.[47]
  • Escolas anarquistas: Non hai unha soa posición definida que todos os anarquistas manteñan, e o máis que teñen en común os que son tidos por anarquistas á un certo aire de familia, segundo a Enciclopedia Oxford de Filosofía.[48] As posturas anarquistas poden ser de carácter global, predicando unha revolución e cambio total da sociedade, ou máis restritivas, centrándose en unidades pequenas e cambios parciais. Acéptase xeralmente que o punto de partida do debate doutrinal sobre un pensamento anarquista moderno remóntase a finais do século XVIII, na obra de William Godwin An Enquiry concerning Political Justice and its influence on general virtue and happiness (1793),[49][50] anída que o primeiro autor que se autodenominou anarquista foi Pierre Joseph Proudhon.[51] As fontes académicas non se poñen de acordo en canto á taxonomía das correntes anarquistas. Algunhas fan unha distinción entre dúas liñas básicas de pensamento, individualistas e comunistas[52], con Max Stirner e Piotr Kropotkin como figuras representativas de ambas as ideoloxías,[53] situando entre ambos os extremos do espectro anarquista outras correntes clásicas, como o mutualismo de Pierre Joseph Proudhon e o colectivismo de Mikhail Bakunin. Tamén é común como forma de clasificación sinalar as catro correntes máis importantes, que son o anarquismo individualista, o mutualismo, o anarquismo comunista e o anarcosindicalismo e, segundo algunhas fontes, tamén o colectivismo.[54] O antropólogo anarquista David Graeber observou que aínda que as correntes do marxismo sempre se basean nos seus fundadores (por exemplo, leninismo, maoísmo, lacanianismo), as correntes do anarquismo "emerxen case invariabelmente sobre algunha clase de principio organizacional ou forma de práctica",[55] como, por exemplo, o anarcosindicalismo ou o anarquismo cooperativista.
 
Jacques Derrida
  • Posmodernismo: O termo posmodernismo ou posmodernidade designa xeralmente un amplo número de movementos artísticos, culturais, literarios e filosóficos que xurdiron a mediados do século XX, definidos en diverso grao e maneira pola súa oposición ao modernismo, ou á súa superación. As diferentes correntes do movemento posmoderno comparten a idea de que o proxecto modernista fracasara no seu intento de renovación radical das formas tradicionais da arte e a cultura, o pensamento e a vida social, a emancipación da humanidade, en suma, e de que un proxecto semellante é imposíbel ou inalcanzábel nas condiciónes actuais. Fronte ao compromiso rigoroso coa innovación, o progreso e a crítica das vangardas artísticas, intelectuais e sociais, ao que considera unha forma refinada de teoloxía autoritaria, o posmodernismo defende a hibridación, a cultura popular, e o descentramento da autoridade intelectual e científica. Adóitase dividir a posmodernidade en tres sectores, dependendo da súa área de influencia: como un período histórico, como unha actitude filosófica, ou como un movemento artístico. Histórica, ideolóxica e metodoloxicamente diversos, comparten, porén, un parecido de familia. Desde o punto de vista filosófico considérase a Nietzsche o primeiro posmoderno,[56] pero hai intérpretes que se remontan a certas actitudes posmodernas dalgúns sofistas. Nos últimos tempos, no campo científico, a teoría da relatividade e posteriormente a física cuántica, revolucionaron a física moderna newtoniana, a forma mecanicista de interpretar o universo. Do mesmo modo fixérono no campo filosófico. Na ciencia foron moi importantes a teoría do caos, ou a imposibilidade de predicir feitos (Principio de indeterminación de Heisenberg, nome que define unha das maiores características do pensamento posmoderno) así como as consecuencias do teorema de Bell. O mesmo ocorreu na área da epistemoloxía e da filosofía co devenir da psicanálise. Aínda que Freud sempre foi tratado como un autor clásico, no sentido que se ben critica algúns aspectos da cultura moderna (especialmente en O malestar na cultura), algúns dos seus seguidores como Lyotard e Vattimo desprazáronse cara a plans posmodernos. O filósofo italiano Gianni Vattimo define o pensamento posmoderno con claridade: nel o importante non son os feitos senón as súas interpretacións. Así como o tempo depende da posición relativa do observador, a certeza dun feito non é máis ca iso, unha verdade relativamente interpretada e, polo mesmo, incerta. O modelo determinista da causalidade, da verdade dun suxeito forte o estilo de Hegel, Kant e mesmo Marx e o plan do tempo lineal como o de Leibniz, son cuestionados. A posmodernidade, por máis polifácetica que pareza, non significa unha ética de carencia de valores no sentido moral, pois precisamente a súa maior influencia manifiéstase no actual relativismo cultural e na crenza de que nada é totalmente malo nin absolutamente bo. A moral posmoderna é unha moral que cuestiona o cinismo relixioso predominante na cultura occidental e fai fincapé nunha ética baseada na intencionalidade dos actos e a comprensión inter e transcultural de corte secular dos mesmos. É unha nova forma de ver a estética, unha nova orde de interpretar valores, unha nova forma de relacionarse, intermediadas moitas veces polos factores postindustriais. Os pensadores máis destacados das correntes posmodernas son Gilles Deleuze, Jean Baudrillard, Jean-François Lyotard, Jacques Lacan, Michel Foucault, Gianni Vattimo, Jacques Derrida, Gilles Lipovetsky, Slavoj Zizek, Alain Badiou, Bourdieu, entre outros.
  • Deconstrución: A deconstrución é a xeneralización por parte do filósofo postestruturalista francés Jacques Derrida do método implícito nas análises do pensador alemán Martin Heidegger, fundamentalmente nas súas análises etimolóxicas da historia da filosofía. Analiza a construción dun concepto calquera a partir de procesos históricos e acumulacións metafóricas, mostrando que o claro e evidente dista de selo, xa que os útiles da conciencia en que o verdadeiro en si debe darse son históricos, relativos e sometidos aos paradoxos das figuras retóricas da metáfora e a metonimia. O concepto de deconstrución está baseado tanto na filosofía como na literatura, e tivo grande acollida especialmente nos Estados Unidos. Aínda que o termo xa fora utilizado por Heidegger, foi a obra de Derrida a que sistematizou o seu uso e teorizou a súa práctica. O termo é a tradución proposta por Derrida dos termos alemáns Destruktion e Abbau, que Heidegger empregara en Sein und Zeit. Derrida estima que deconstrución é máis correcto que a tradución clásica como destrución, dado que non se trata tanto, dentro da deconstrución da metafísica, da redución ao nada, como de mostrar como foi abatida.[57]. En realidade, a palabra deconstrución apareceu en 1955 no contexto da filosofía francesa con ocasión da tradución do texto de Heidegger Zur Seinsfrage (Contribucións á cuestión do ser). Gérard Granel elixiu este termo para traducir a palabra alemá Abbau que quería distinguir de "destrución" (tradución de Zerstörung)[58].
  1. Pythagoras on Vegetarianism Arquivado 25 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. - Citas de fontes primarias de literatura histórica acerca do punto de vista de Pitágoras sobre o vexetarianismo, a xustiza e a amabilidade.
  2. Portal sobre o Epicureísmo Arquivado 30 de agosto de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
  3. Véxase Dióxenes Laercio, Vidas dos filósofos, Zenón, 2.
  4. Störig, H. J., Historia de la filosofía, ed. Tecnos, páxs. 227–229.
  5. Zeller, Grundriss, páxs. 250–251.
  6. VV.AA. (1991): Gran Enciclopedia Larousse. Barcelona: Planeta, Volume 16, páxs. 7728-7729. ISBN 84-320-7386-5
  7. Hirschberger, 1991, páx. 347
  8. "VV.AA. (1913): Enciclopedia católica. La Abadía de San Víctor". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2010. Consultado o 05 de abril de 2011. 
  9. Fraile, 1986, páx. 471
  10. "Las escuelas urbanas y los maestros". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2010. Consultado o 8 de outubro de 2010.  (en castelán)
  11. Abdel Wahab El Messeri. Episode 21: Ibn Rushd Arquivado 30 de marzo de 2019 en Wayback Machine., Everything you wanted to know about Islam but was afraid to Ask, Philosophia Islamica. (en inglés)
  12. Fauzi M. Najjar (1996). The debate on Islam and secularism in Egypt, Arab Studies Quarterly (ASQ). (en inglés)
  13. Majid Fakhry (2001). Averroes: His Life, Works and Influence. Oneworld Publications. ISBN 1-85168-269-4
  14. 14,0 14,1 Josef Santeler, na entrada: Nominalismo, do Dicionário de Filosofia, Editora Herder, SP, 1969, páx. 296.
  15. Armstrong, David (1978). Segunda sección: Teorías de los universales. Los universales y el realismo científico (Universals and Scientific Realism)
  16. Rodríguez-Pereyra, Gonzalo, Nominalism in Metaphysics, en Edward N. Zalta (en inglés), Stanford Encyclopedia of Philosophy (Fall 2008 Edition), [1]
  17. Armstrong, David (1978). Segunda sección: Teorías de los universales. Los universales y el realismo científico (Universals and Scientific Realism).
  18. Compact Oxford English Dictionary. Oxford University Press. 2007. "humanism noun 1 a rationalistic system of thought attaching prime importance to human rather than divine or supernatural matters. 2 a Renaissance cultural movement which turned away from medieval scholastic-ism and revived interest in ancient Greek and Roman thought". .
  19. Collins Concise Dictionary. HarperCollins. 1999. "The rejection of religion in favour of a belief in the advancement of humanity by its own efforts". .
  20. Fred Edwors, What Is Humanism? [2] Arquivado 30 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
  21. [3] (en portugués)
  22. Carlo Sini, "Empirismo", en Enciclopedia Garzanti della Filosofía. Gianni Vattimo et al., 2004).
  23. Paul Hazard, La crise de la conscience européenne (1680-1715), 1935
  24. Dictionary definition [4] Arquivado 04 de maio de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
  25. Véxase a sección "Objective Idealism" en [5] (en inglés)
  26. Sociology Guide. "Auguste Comte". Sociology Guide.  (en inglés)
  27. Positivismus und Realismus, Erkenntnis, Traducíón inglesa en Sarkar, Sahotra (ed.) Logical Empiricism at its Peak: Schlick, Carnap, and Neurath. New York: Garland Pub.,(1996)
  28. Kaufmann, W. (1971): From Shakespeare to Existentialism: A New Edition, with Additions. Freeport, New York: Books for Libraries Press.
  29. Driver, P. M. & Humphries, D. A.: (1988): Protean Behaviour - The Biology of Unpredictability. ISBN 0-19-857170-4
  30. Vitalism and Synthesis of Urea (en inglés)
  31. Citado por Schummerr J., [6] (en inglés)
  32. Williams, W. (2000): The Encyclopedia of Pseudoscience. From Alien Abductions to Zone Therapy. Facts on File inc. Conlabioradores: Doutores D. Conway, L. Dalton, R. Dolby, R. Duval, H. Farrell, J. Frazier, J. McMillan, J. Melton, T. O'Niell, R. Shepherd, S. Utley, W. Williams. ISBN 0-8160-3351-X
  33. Stanford Encyclopedia of Philosophy. [7] (en inglés)
  34. Mounier, Emmanuel, 1950, Le personnalisme, tradución inglesa Personalism, por Philip Mairet, Notre Dame: University of Notre Dame Press, 1952
  35. Maritain, Jacques, 1945, The Rights of Man and Natural Law. Glasgow: Robert Maclehose and Co./The University Press
  36. Wojtyła, Karol, 1993, The Personal Structure of Self-Determination, Subjectivity and the Irreducible in the Human Being e Thomistic Personalism ensaios traducidos do polaco por Theresa Sandok, en Person and Community: Selected Essays, vol. 4 de "Catholic Thought from Lublin". New York: Peter Lang, 1993.
  37. H. Kelsen, La teoria comunista del diritto, Milano, 1956.
  38. K. Löwith, Critica dell'esistenza storica, Napoli, 1967.
  39. Karl Popper, La società aperta e i suoi nemici. Hegel e Marx falsi profeti, vol. II, Armando ed.
  40. Pedrag Vranicki: A quoi bon Praxis, Praxis 1, páxs. 41-48, 1965.
  41. Danko Grlic: Practice and Dogma, Praxis 1, páxs. 49-58, 1965.
  42. Jean Piaget, Le structuralisme, Que Sais-je?, 1968
  43. Manuscritos económicos y filosóficos de 1844. (en castelán)
  44. Discurso de Salvador Allende. Arquivado 24 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
  45. Christian World. San Francisco: Harper & Row, 1970, páx. 42. (en inglés)
  46. Joseph W. Evans & Leo R. Ward. The Social and Political Philosophy of Jacques Maritain (A filosofía social e política de Jacques Maritain), 1965.
  47. Joseph M. de Torre. Maritain's "Integral Humanism" and Catholic Social Teaching (O "humanismo integral" de Maritain e a ensinanza social católica), 2001.
  48. Ted Honderich, Carmen García Trevijano, Enciclopedia Oxford de Filosofía
  49. Max Nettlau, La anarquía a través de los tiempos (en castelán)
  50. Norberto Bobbio, José Aricó, Nicola Matteucci, Gianfranco Pasquino, Martí Soler, Jorge Tula, Diccionario de política, páx. 30 (en castelán)
  51. Outhwaite, William: 2003. The Blackwell dictionary of modern social thought. Wiley-Blackwell. páx 287. ISBN 978-0-631-22164-7. [8] (en inglés)
  52. Norberto Bobbio, José Aricó, Nicola Matteucci, Gianfranco Pasquino, Martí Soler, Jorge Tula, Diccionario de política, páx. 30 (en castelán)
  53. Edward Craig, Routledge Encyclopedia of Philosophy (en inglés)
  54. Este é o criterio escollido, por exemplo, pola Enciclopedia Blackwell sobre pensamiento político (en castelán), ou por Andrew Vincent no seu Modern Political Ideologies. (en inglés)
  55. David Graeber e Andrej Grubacic, El anarquismo, o el movimiento revolucionario del siglo XXI, [9] Arquivado 06 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
  56. "Nietzsche: el primer posmoderno" Arquivado 22 de decembro de 2009 en Wayback Machine. de G. Mayos. Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
  57. Laurent Carraz, Wittgenstein et la déconstruction, Antipodes, col. Écrits philosophiques, 2000.
  58. Marc Goldschmidt, Jacques Derrida: une introduction, Pocket, 2003, páx. 20. Martin Heidegger, Questions I, 1968, páx. 240.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Blackburn, S. (2001): Enciclopedia Oxford de filosofía. Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-3699-2
  • Faye, E. (1998): Philosophie et perfection de l'homme. De la Renaissance à Descartes. París: Librairie J. Vrin, "Philologie et Mercure". ISBN 2-7116-1331-3.
  • Ferrater Mora, J. (1984): Diccionario de Filosofía. Barcelona: Alianza Editorial. ISBN 84-206-5202-4
  • Fontán, A. (2008): Príncipes y humanistas. Nebrija, Erasmo, Maquiavelo, Moro, Vives. Marcial Pons. ISBN 978-84-96467-79-8.
  • Fraile, G. (1986): Historia de la filosofía II. El cristianismo y la filosofía patrísitica. Primera escolástica. Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos. 4ª ed. ISBN 84-220-0534-4
  • Guthrie, W. K. C. (1999): Historia de la Filosofía Griega. Vol. I: Los primeros presocráticos y los pitagóricos. Madrid: Gredos. ISBN 84-249-0949-6
  • Hirchsberger, J. (1991): Historia de la filosofía I. Barcelona: Herder. ISBN 84-254-0916-0
  • Kirk, G. S., Raven, J. E., e Schofield, M. (2008): Los filósofos presocráticos. Historia crítica con selección de textos. Madrid: ISBN 978-84-249-3567-2
  • Maritain, J. (1936): Humanisme intégral. Problèmes temporels et spirituels d'une nouvelle chrétienté. París: Fernand Aubier. (En español, 1935).
  • Piaget, J. (1968): Le structuralisme. París: PUF. col. "Que Sais-je?".
  • Plotino (1985): Enéadas: libros III y IV. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-1004-4
—— (1998): Enéadas: libros V y VI. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1961-0
  • Porfirio/Plotino (1992): Vida de Plotino/Enéadas: libros I y II. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-0860-7
  • Quesada, D. (1998): Saber, opinión y ciencia: Una introducción a la teoría del conocimiento clásica y contemporánea. Barcelona: Ariel. ISBN 84-344-8746-2
  • Rey Pastor, J. (1997): Historia de la Matemática. Vol. 1. Barcelona: Gedisa. ISBN 84-7432-207-3
  • Rodriguez-Pereira, G. (2002): Resemblance Nominalism: A Solution to the Problem of Universals. Oxford University Press. ISBN 0-19-924377-8 (en inglés) (v Consultábel en liña.)
  • Roudinesco, E. (2008): Philosophy in Turbulent Times: Canguilhem, Sartre, Foucault, Althusser, Deleuze, Derrida. Nova York: Columbia University Press.
  • Sánchez Meca, D. (2001): Teoría del conocimiento. Madrid: Dykinson. ISBN 84-8155-775-7
  • Sinesio de Cirene (1993): Himnos. Tratados??. Introdución, tradución e notas de F. A. García Romero. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-1627-5
—— (1995): Cartas. Intr., trad. e notas de F. A. García Romero. Rev.: C. Serrano Aybar. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-1682-4
  • Russell, Bertrand (1959). El conocimiento humano: su alcance y sus limitaciones. Madrid: Taurus. ISBN 84-320-0841-9.