Pierre Bastien
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Pierre Charles Victor Bastien 9 de marzo de 1912 Lille, Francia |
Morte | 13 de maio de 2010 Princeton Nova Jersey Estados Unidos |
País de nacionalidade | Francesa. |
Q89547790 | Estudos de moeda imperial romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e cirurxía. |
Ocupación | cirurxián, numismático |
Membro de | |
Premios | |
- (1990): Premio Derek Allen (BA). - (1975): Medalla Huntington (ANS). - (1970): Medalla da RNS. | |
Lista
|
Pierre Bastien, nado o 9 de marzo de 1912 en Lille, Alta Francia, e finado o 13 de maio de 2010 en Princeton, Nova Jersey, foi un cirurxián e numismático francés, especializado na moeda imperial romana.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pierre Bastien exerceu como cirurxián en Dunkerque ata a súa xubilación en 1977, data en que se reuniu cos seus fillos nos Estados Unidos, onde estes residían, e onde faleceu en 2010.[2] Alí residía en Cranbury (logo chamado West Windsor Township) en Nova Jersey, preto da Universidade de Princeton e da American Numismatic Society.[3]
Foi un coleccionista privado a partir de 1955, especializado na numismática do Imperio Romano, o que o levou a comezar a redacción dun catálogo das emisións monetarias do emperador Magnencio. Os seus estudos quedaron plasmados en diferentes comunicacións, artigos e traballos monográficos acerca da moeda imperial, entre as que destacan pola súa abundancia e o seu detalle as dedicadas ao obradoiro monetario de Lugdunum.[4] Tamén son salientables os seus estudos acerca dos bustos monetarios dos emperadores, aos que lles dedicou tres volumes.[5] As súas publicacións estendéronse ata 1995, cando a cegueira progresiva lle impediu continuar.[6]
Entre 1965 e 1967 ocupou a presidencia da Société française de numismatique, logo de exercer como tesoureiro durante varios anos.[7]
Pierre Bastien puxo en venda a súa colección de moeda romana en tres lotes: en outubro de 1982 en Basilea (929 moedas de bronce do baixo Imperio); en 1984 na American Numismatic Society, en Nova York (2.225 moedas do Imperio tardío, de Diocleciano a Honorio), e en 1985 novamente en Basilea, as moedas provinciais romanas.[8]
A súa abundante correspondencia estivo depositada no Museo Monetario Cantonal de Lausana, en tanto que os seus documentos de traballo, as súas reproducións de pezas e os cadernos dos seus estudos sobre a ceca de Lugdunum e sobre os bustos monetarios imperiais están depositados e poden consultarse no Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia, en París.[9]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Desde 1986 foi membro honorario da Comisión Internacional de Numismática, e mereceu outras distincións, como a de membro correspondente da Academia Británica (1977)[10] e a de Patron da American Numismatic Society[6].
Premios
[editar | editar a fonte]- (1970): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[11]
- (1975): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[12]
- (1990): Premio Derek Allen, da Academia Británica.[13]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Pierre Bastien foi un prolífico autor de artigos publicados en revistas numismáticas da súa época e tamén de diversos estudos monográficos. Esta é unha escolma das súas publicacións máis representativas:[14]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1964). Le Monnayage de Magnence (350-353). Éd. Cultura, Wetteren.[15]
- (1972-1989). Le Monnayage de l'atelier de Lyon. Éd. numismatique romaine, Wetteren.
- (1972). Dioclétien et ses corégents avant la réforme monétaire (285-294).[16]
- (1976). De la réouverture de l’atelier par Aurélien à la mort de Carin (fin 274-mi-285).[17]
- (1980). De la réforme monétaire de Dioclétien à la fermeture temporaire de l’atelier en 316 (294-316) (con G. Gautier).[18]
- (1982). De la réouverture de l’atelier en 318 à la mort de Constantin (318-337).[19]
- (1985). De la mort de Constantin à la mort de Julien (337-363).[20]
- (1987). Du règne de Jovien à la mort de Jovin (363-413).[21]
- (1989). Le monnayage de l'atelier de Lyon (274-413), supplément (con M. Amandry e G. Gautier).
- (2003). Le monnayage de l'atelier de Lyon (274-413), supplément II (con M. Amandry e G. Gautier).
- (1992, 1993, 1994). Le buste monétaire des empereurs romains. Éd. numismatique romaine, Wetteren. 3 volumes.[22]
Artigos
[editar | editar a fonte]- (1958). "Médaillon d'or inédit de Constantin II". En Revue Belge de Numismatique. 104. Páxinas 35-43.
- (1960). "Les émissions de l'atelier de Lyon en 293 et 294". Revue Numismatique. 6ª serie. 2. Páxinas 75-111.
- (1961). "Monnaies romaines présentant une effigie en creux sous l'image du revers". En Revue Belge de Numismatique. 107. Páxinas 13-21.
- (1965). "Discours inaugural des cérémonies du centenaire de la Société française de numismatique le jeudi 3 février 1965". En Revue numismatique. Páxinas 7-15.
- (1968). "Date d'émission de deux aurei de Maximien Hercule frappés à Trèves ". En Revue Numismatique. 6ª serie. 10. Páxinas 297-302.
- (1972): "Les multiples d'or, de l'avènement de Dioclétien à la mort de Constantin : essai de classement métrologique". En Revue Numismatique. 6ª serie. 14. Páxinas 49-82.
- (1977). "Le début du monnayage de Constantin Auguste à l'atelier de Lyon". En Revue Numismatique. 6ª serie. 19. Páxinas 62-67.
- (1981). "Trésor de ‘solidi’ et de ‘siliquae’ de la période valentinienne". En Revue Belge de Numismatique. 127. Páxinas 47-73.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gautier, G. (2011). Páxina 7.
- ↑ Gautier, G. (2011). Páxina 9.
- ↑ Arnold-Biucchi, C. (2014). Páxina 11.
- ↑ Véxase (1972-1989) en "Publicacións. Monografías".
- ↑ Véxase (1992, 1993, 1994) en "Publicacións. Monografías".
- ↑ 6,0 6,1 Gautier, G. (2011). Páxina 10.
- ↑ Gautier, G. (2014). Páxina 17.
- ↑ Arnold-Biucchi, C. (2014). Páxinas 13-14.
- ↑ Gautier, G. (2014). Páxina 18.
- ↑ "Deceased Fellows". British Academy.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Derek Allen Prize". The British Academy.
- ↑ "Bastien, Pierre 1912-2010 Arquivado 08 de maio de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ Recensión da obra por M. Thirion en Revue belge de Philologie et d'Histoire. 43-3. 1965. Páxinas 1.033-1.038.
- ↑ Recensión da obra por J. Lafaurie en Revue Numismatique. 14. 1972. Páxinas 283-286.
- ↑ Recensión da obra por HH en Revue Numismatique. 20. 1978. Páxinas 187-188.
- ↑ Recensión da obra por M. Amandry en Revue Numismatique. 23. 1981. Páxina 158.
- ↑ Recensión da obra por J. P. Callu en Revue belge de Philologie et d'Histoire. 64-1. 1986. Páxinas 206-207.
- ↑ Recensión da obra por R. Delmaire en Revue du Nord. 276. 1988. Páxinas 208-210.
- ↑ Recensión da obra por D. Gricourt en Revue du Nord. 280. 1989. Páxinas 271-273.
- ↑ Recensión da obra por C. Evers en L'Antiquité Classique. 69. 2000. Páxinas 554-557.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arnold-Biucchi, C. (2014). "Pierre Bastien, le collectionneur. Hommage personnel". En Revue numismatique. 6ª serie. 171. Páxinas 11-15.
- Doyen, J-M. (2010). "Portrait d’un médecin hors du commun : Pierre Bastien (9 mars 1912 - 13 mai 2010). En Bulletin du Cercle d'Études Numismatiques. 47/2. Páxinas 272-273.
- Gautier, G, (2010). "Pierre Bastien (1912-2010) Arquivado 30 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". En Compte rendu. 57. International Numismatic Council. Páxinas 58-60.
- Gautier, G. (2011). "Pierre Bastien (9 mars 1912 - 13 mai 2010)". En Revue numismatique. 6ª serie. 167. Páxinas 7-14.
- Gautier, G. (2014). "Pierre Bastien (1912-2010), 'le savant et l’humaniste'". En Revue numismatique. 6ª serie. Páxinas 17-19
Predecesor: Jean Parent |
Presidente da Sociedade Francesa de Numismática 1965-1967 |
Sucesor: Jacques Yvon |