Walter Houser Brattain
Nome orixinal | (en) Walter Houser Brattain |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de febreiro de 1902 Xiamen - 厦门 (Dinastía Qing) |
Morte | 13 de outubro de 1987 (85 anos) Seattle (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | Alzhéimer |
Educación | Whitman College (en) Queen Anne High School (en) Tonasket High School (en) Universidade de Minnesota (pt) Universidade de Oregón University of Oregon College of Arts and Sciences (en) |
Director de tese | John Torrence Tate Sr. (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico, inventor |
Empregador | Whitman College (en) |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Keren Gilmore Brattain Emma Jane Miller |
Pai | Ross Brattain |
Irmáns | Robert Brattain |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Physicists: Biographical Dictionary (en) , (p.44) |
Walter Houser Brattain, nado en Xiamen (China) o 10 de febreiro de 1902 e finado en Seattle (Washington) o 13 de outubro de 1987, foi un físico norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1956.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade de Xiamen, situada na provincia chinesa de Fujian. Estudou no Whitman College de Walla Walla, no Estado de Washington, licenciándose en física e matemáticas en 1924.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Tras traballar como físico na división de radio do Instituto Nacional de Modelos e Tecnoloxía, o 1929 incorporouse aos Laboratorios Bell. O seu principal campo de investigación foi o estudo das propiedades das superficies dos sólidos, e en particular a da estrutura atómica dun material a nivel superficial, a cal difire da do interior. Xunto aos físicos norteamericanos William Shockley, director do proxecto, e John Bardeen inventaron un pequeno dispositivo electrónico denominado transistor. Anunciouse por primeira vez en 1948 e acabouse o 4 de xullo de 1951, empregándose comercialmente en radios portátiles, audífonos e outros aparellos.
No ano 1956 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Shocley e Bardeen, pola súa investigación en semicondutores e polo descubrimento do efecto transistor.