Saltar ao contido

Masatoshi Koshiba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMasatoshi Koshiba

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 小柴 昌俊 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1926 Editar o valor en Wikidata
Toyohashi, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 2020 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Toquio, Xapón Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Toquio
Universidade de Rochester (pt) Traducir
Universidade de Meiji (pt) Traducir
Kanagawa Prefectural Yokosuka High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseSin-Itiro Tomonaga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica de partículas e astrofísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, catedrático, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Hamburgo
Tokai University (en) Traducir
KEK (pt) Traducir
Universidade de Toquio
HFBS (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoAtsuto Suzuki (en) Traducir, Takaaki Kajita e Yoji Totsuka (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMasatoshi Koshiba, 94, Dies; Nobel Winner Tracked Ghostly Neutrinos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: 小柴-1 Find a Grave: 253020595 Editar o valor en Wikidata

Masatoshi Koshiba (en xaponés: 小柴 昌俊, こしば まさとし), nado en Toyohashi (Prefectura de Aichi) o 19 de setembro de 1926 e finado o 10 de novembro de 2020,[1] foi un físico xaponés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutorouse en física na Universidade de Rochester, Nova York, no ano 1955. Pasou a ser investigador asociado na Universidade de Chicago e logo paso á Universidade de Toquio.

Gañou o Premio Nobel de Física en 2002 xunto con Raymond Davis Jr e Riccardo Giacconi, polas súas contribucións pioneiras en astrofísica, en particular pola detección de neutrinos cósmicos.

Na década de 1980 Koshiba, continuando os traballos iniciados polo químico norteamericano Raymond Davis Jr., vai construír un detector soterráneo de neutrinos nunha mina de cinc, na Prefectura de Gifu, no Xapón central, Kamiokande II, un tanque enorme de auga (3000 toneladas, a 1000 m de profundidade) rodeado por detectores electrónicos (tubos fotomultiplicadores) para detectar os fluxos de luz que se producen cando os neutrinos interaccionan reciprocamente cos núcleos atómicos en moléculas de auga. Confirmou os resultados de Davis, de que o Sol produce neutrinos e que se atoparon menos dos que se agardaba.

En 1987 Koshiba atopou neutrinos na explosión dunha supernova na Gran Nube de Magalláns. En 1996 cun detector máis sensible, Super-Kamiokande, Koshiba atopou evidencias do que os científicos xa sospeitaban, os neutrinos, dos cales se coñecen tres tipos, cambian de tipo no seu desprazamento a través do espazo.

  1. "Japanese physicist Masatoshi Koshiba, 2002 Nobel Prize laureate, dies at 94". Mainichi Daily News (en inglés). 2020-11-13. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-13.