Manuel Rivas
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego[1], membro de número da Real Academia Galega dende 2009.[2] A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional,[3] a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.[4]
Traxectoria
editarManuel Rivas estudou no IES Monelos e comezou a súa carreira como xornalista moi novo, aos 15 anos, como meritorio en El Ideal Gallego. Estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid.[5] Os seus primeiros artigos remóntanse á década de 1970.
É colaborador en diversos medios de comunicación galegos e españois: El País, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, sendo nomeado subdirector do Diario de Galicia. Tamén colaborou nas revistas Teima e Man Común, desenvolveu unha sección fixa no semanario A Nosa Terra, foi redactor xefe da sección de cultura do efémero semanario El Globo e chegou a ser o director da revista cultural Luzes de Galiza. En 1981 participou na viaxe do Xurelo á Foxa Atlántica, onde realizou un traballo xornalístico que axudou na paralización dos verquidos radioactivos. Presentou os programas da TVG Máis alá e O mellor.
Mantén unha columna semanal no xornal El País,[6] onde comezou como correspondente coruñés e fixo numerosas intervencións en medios de comunicacións audiovisuais. En outubro de 2003 participou, xunto con Xurxo Souto, na reinauguración[7] da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da que ambos os dous se converteron en padriños e socios de honra.
No campo da creación literaria, deuse a coñecer como cofundador do grupo poético Loia, na revista co mesmo nome apareceron as súas primeiras composicións en 1977. Dous anos despois publicou o seu primeiro libro de poemas co que se revelou como unha voz distinta dentro da lírica galega e polo poema Pra escarnho e mal dizer foi galardoado co Premio de Poesía Nova de O Facho, o primeiro dunha longa serie de premios que leva xa na súa carreira como escritor, narrador e poeta, resaltando entre todos eles a concesión no ano 1996 do Premio Nacional de Narrativa por Que me queres, amor?, unha obra escrita orixinalmente en lingua galega, premio polo que xa fora finalista oito anos antes pola novela Un millón de vacas.
Escribiu destacados libros de poemas, novelas, artigos e ensaios literarios. Considerado pola crítica como un revolucionario da literatura galega contemporánea sendo el un personaxe comprometido coa súa terra e coa súa cultura. Unha parte da súa produción editorial (os ensaios) deriva da súa prolífica carreira como xornalista.
Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, como A lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1999), O lapis do carpinteiro (Antón Reixa, 2004) e Todo é silencio (José Luis Cuerda, 2012).[8]. En 2018 publicou Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, o segundo relato baséase na "idea orixinal" escrita polo autor para a serie de televisión Vivir sin permiso.
Foi membro fundador de Greenpeace[9], polo que non resulta estraño o seu grao de implicación persoal en actividades relacionadas coa catástrofe do Prestige nas costas galegas coma a creación da plataforma cidadá Nunca Máis ou coa vaga de lumes do ano 2006 no territorio galego.
É membro de número da Real Academia Galega[10]. Ingresou o 12 de decembro de 2009 a proposta de Luz Pozo Garza, Xosé Neira Vilas e Xosé Luís Axeitos, lendo o discurso A boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua, [11] respondido por Xosé Luís Axeitos.
No ano 2013 fundou a revista Luzes canda a Xosé Manuel Pereiro.[12]
Vida persoal
editarEstá casado con María Isabel López e Mariño, profesora de Economía nun instituto de ensino secundario,[13] e ten dous fillos, un home e unha muller. O fillo, Martiño Rivas, é actor.[14] A filla, Sol, é poeta[15]. Dende hai moitos anos reside en Vimianzo.[16]
Obra
editarPoesía
editar- Libro de Entroido (1980). Edicións do Rueiro. Premio O Facho. ISBN 978-84-85220-33-5.
- Anisia e outras sombras en colaboración con Xavier Seoane (1981). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-039-4.
- Balada nas praias do Oeste (1985). Sotelo Blanco Edicións. ISBN 84-86021-23-5.
- Mohicania (1986). Edicións do Rueiro. ISBN 978-84-85220-34-2.
- Ningún cisne (1989). Sotelo Blanco Edicións. ISBN 84-7824-046-2. Premio Leliadoura 1989.
- Costa da morte blues (1995). Edicións Xerais. ISBN 84-7507-895-8.
- O pobo da noite (1996). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-039-4. Foi traducida ao castelán.[17][18] Antoloxía; cun CD de poemas recitados polo autor.
- Do descoñecido ao descoñecido. Obra poética (1980-2003) (2003). Edicións Espiral Maior. ISBN 84-95625-85-7. Foi traducida ao inglés (antoloxía que recolle tamén poemas doutros libros do autor).[19]
- El pueblo de la noche y mohicania revisitada (2004). Editorial Suma de Letras, S.L. ISBN 978-84-663-1179-3. En Castelán.
- A desaparición da neve (2009). Alfaguara. ISBN 978-84-204-2236-7. Editado simultaneamente en galego, castelán, éuscaro e catalán.[20] Tamén hai unha edición bilingüe galego-inglesa[21] e está traducida ao búlgaro.[22]
- A boca da terra (2015). Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-9914-932-5. ePub: ISBN 978-84-9121-578-3. Hai edición bilingüe galego-castelá[23] e foi traducida ao inglés.[24]
- O que fica fóra (2021). Apiario. 100 páxs. ISBN 978-84-124530-0-3.[25][26]
Narrativa
editar- Todo ben (1985). Col. Xabarín, 15. Edicións Xerais. ISBN 84-7507-206-2.
- Un millón de vacas (1989). Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-9782-606-8 (15ª ed.) ePub: ISBN 978-84-9914-960-8. Premio da Crítica Española 1989[27], Finalista do Premio Nacional de Literatura. Foi traducida ao asturiano,[28] ao castelán,[29] ao portugués,[30] ao húngaro,[31] ao serbio[32] e ao italiano.[33]
- O último rei dos galegos, relato publicado na colección Contos do Castromil. (1992).
- Os comedores de patacas (1991). Edicións Xerais. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-932-3 (7ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9121-167-9. Foi traducida ao castelán,[34] ao portugués[35] e ao inglés.[36] 7ª edición actualizada de Xerais en 2021, ISBN 978-84-9121-932-3, ePub: 978-84-9121-167-9.
- En salvaxe compaña (1994). Xerais. ISBN 84-7507-769-2. (4ª ed. 2008, ISBN 978-84-9782-930-4, ePub: 978-84-9914-925-7). Premio da Crítica de Galicia (creación) 1994.[27] Foi traducida ao castelán,[37] ao alemán,[38] ao francés,[39] ao neerlandés,[40] ao inglés[41] e ao búlgaro.[42]
- Que me queres, amor? (1995). Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-027-6. Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996. O relato "A lingua das bolboretas" foi traducido ao castelán,[43] ao esloveno,[44] ao portugués[45] (tamén nunha edición bilingüe portuguesa-tetún[46]) e ao bretón.[47]
- O lapis do carpinteiro (1998). Xerais. ISBN 978-84-8302-261-0 (33ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9914-422-1. Premio da Crítica Española 1998, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 1999 e Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no ano 1999, Premio literario 50 Aniversario da Sección Belga de Amnistía Internacional no ano 2001.[27] Foi traducida a máis de 20 idiomas.[48]
- A Deusa Atlántica (1999). Editorial: Concello da Coruña. ISBN 84-86836-80-8.
- Ela, maldita alma (1999). Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-283-X. Foi traducida ao castelán,[49] ao catalán,[50] ao portugués[51] e ao italiano.[52]
- A man dos paíños (2000). Edicións Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-8302-591-8.
- As chamadas perdidas (2002). Edicións Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-8302-811-7 (3ª). ePub: ISBN 978-84-9914-924-0. Foi traducida ao castelán[53] e ao portugués.[54]
- Contos de Nadal (2003). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-083-5. Foi traducida ao castelán.[55] Con ilustracións de Miguelanxo Prado
- Os libros arden mal (2006). Xerais. ISBN 84-9782-461-X. Premio Antón Losada Diéguez de Creación 2007, Premio da Crítica de Galicia (creación) 2007, Premio da Crítica Española 2006, Premio Cálamo 2006, VII Premio Libro del Año 2006 (outorgado polo gremio de libreiros de Madrid), Premios 2006 da Asociación de Editores ao mellor autor e á mellor obra (Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano e Premio Ánxel Casal ao libro do ano respectivamente), XVI Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia ao mellor libro galego do ano 2006, Premio da Asociación Galega de Escritores 2007.[27] Foi traducido ao castelán,[56] ao catalán,[57] ao francés,[58] ao italiano[59] e ao inglés.[60]
- Todo é silencio (2010). Edicións Xerais. 280 páxs. ISBN 978-84-9914-169-5 (3ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9914-419-1. Foi traducida ao castelán,[61] ao inglés[62] e ao francés.[63]
- O máis estraño. Contos reunidos (2011). Xerais. 488 páxs. ISBN 978-84-9914-285-2. Publicado en castelán como Lo más extraño no 2011 en Alfaguara.[64]
- As voces baixas (2012). Edicións Xerais 208 páxs. ISBN 978-84-9914-440-5 (4ª). ePub: ISBN 978-84-9914-454-2. Foi traducida ao castelán[65] e ao inglés.[66]
- O último día de Terranova (2015). Edicións Xerais.[67] 256 páxs.[68] ISBN 978-84-9914-941-7. ePub: ISBN 978-84-9914-954-7. Nunha reportaxe publicada polo New York Times, a edición en inglés The last days of Terranova aparece xunto a outros 99 títulos seleccionados do ano 2022.[69]
- Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018). Edicións Xerais, 144 páx. ISBN 978-84-9121-456-4.[70] ePub: ISBN 978-84-9121-459-5.
- Tras do Ceo (2024). Vigo: Xerais.[71] 216 páxs. ISBN 978-84-1110-572-9. ePub: ISBN 978-84-1110-576-7
Castelán
editar- El secreto de la tierra, recompilación en castelán dos relatos incluídos nas obras Un millón de vacas e Os comedores de patacas. (1999). Editorial Alfaguara, ISBN 84-204-7857-1.
- Nosotros dos (2003). Centro de Profesores y Recursos de Cuenca. ISBN 978-84-95964-06-9. Traducido do galego.
- Cuentos de un invierno (2005). Alfaguara, S.A. Serie Roxa. ISBN 978-84-204-6905-8.
- La mano del emigrante (2001). Tradución de A man dos paíños, inclúe a diferenza da versión galega un audiolibro: La lengua de las mariposas y otros relatos. Alfaguara. ISBN 84-204-4257-7.
Teatro
editar- O heroe (2005). Edicións Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9782-371-5 (2ª).[72] Estreada en Ourense, no ano 2005 por Sarabela Teatro. Foi traducida ao castelán.[73]
Literatura infanto-xuvenil
editar- Bala perdida (1997). Obradoiro Santillana. Con ilustracións de Miguelanxo Prado ISBN 978-84-8224-547-8. Foi traducida ao castelán,[74] ao italiano[75] e ao catalán.[76] En Xerais: 2016, ISBN 978-84-9121-072-6 (5ª), 152 páxs. ePub: ISBN 978-84-9121-075-7.
- O sombreiro Chichiriteiro (2009). 64 páxs. Ilustracións de Patricia Castelao. Edicións Xerais. ISBN 978-84-9782-962-5.
- Milu (2010). Kalandraka. Ilustracións Aitana Carrasco. Galego: ISBN 978-84-8464-735-5. Castelán: ISBN 978-84-8464-736-2. Tradución: Xosé Ballesteros.
- O raposo e a mestra (2013). Edicións Xerais. Ilustracións de Jacobo Fernández Serrano. 96 páxs. ISBN 978-84-9914-576-1 (8ª ed). ePub: ISBN 978-84-9914-642-3. Asinado como Manuel O´Rivas.
- Madonna e outros contos de inverno (2015). Edicións Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9914-906-6. ePub: ISBN 978-84-9914-909-7.
- O Chispas (2020). Xerais. 96 páxs. Ilustracións de Sonia García Vidal. ISBN 978-84-9121-672-8 (2ª). ePub: ISBN 978-84-9121-714-5.
- A nena lectora (2021). Xerais. Ilustracións de Susana Suniaga. 40 páxs. ISBN 978-84-1110-001-4. ePub: ISBN 978-84-1110-032-8.[77]
Artigos e ensaios literarios
editar- Os partidos políticos na Galiza (1977). Con Xoán Ignacio Taibo Arias. Edicións do Rueiro.
- Informe dunha frustración: as claves do proceso estatutario galego (1980). Con Xosé Antón Gaciño. Edicións do Rueiro. ISBN 978-84-85220-28-1.
- No mellor país do mundo (1991). Editorial Biblioteca Gallega. ISBN 978-84-85287-82-6.
- Toxos e flores (1992). (1999 Edic. Aumentada). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-349-0. Premio de Xornalismo Xoán Fernández Latorre (La Voz de Galicia) 1991
- Informe da comunicación en Galicia (1993). Con Xosé López García. Editado polo Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-81-4.
- A comunicación en Galicia, 1998 : sobre o hipersector da comunicación , xunto a Xosé López García e Xurxo Andrés Lobato Sánchez. (1998). Editado polo Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-36-9.
- Galicia, Galicia (1999). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-470-5. Foi traducida ao castelán.[78]
- Muller no baño (2002). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-924-3. Foi traducida ao castelán.[79]
- Unha espía no reino de Galicia (2004). Edicións Xerais. 232 páxs. ISBN 978-84-9782-193-3 (2.ª). Asinada como Manuel O´Rivas
- Os Grouchos (2008). Edicións Xerais. 296 páxs. ISBN 84-9782-850-5.
- A corpo aberto. Unha ollada "indie" do local universal (2008). Xerais, Crónica. 352 páxs. ISBN 978-84-9782-929-8.
- Contra todo isto (2018). Edicións Xerais. 264 páxs. ISBN 978-84-9121-396-3 (4ª). ePub: ISBN 978-84-9121-425-0.
- Zona a defender. A esperanza indócil (2020). Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-9121-792-3.[80] ePub: ISBN 978-84-9121-795-4.[81]
Castelán
editar- Galicia, el bonsái atlántico (1989). Editorial Aguilar. ISBN 84-03-59052-0.
- El periodismo es un cuento (1997). Editorial Alfaguara. ISBN 84-204-7907-1.
Outros
editar- Tempos que hai neste tempo (1995). Textos de Rivas e de Christian Caujoulle para fotografías de Manuel Sendón. Editado polo Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-93-8.
- Imaxes líquidas (1999). Xunto a Aurora García García. Editado polo Concello de Coruña. ISBN 84-86836-99-9.
- Episodios galegos. Tempos de esperpento (2009). Xerais. 264 páxs. ISBN 978-84-9782-661-7.[82]
Castelán
editar- Galicia, el país soñado (1991). Textos de Rivas e de Torrente Ballester para fotografías de Xurxo Lobato. Editorial Lunwerg. ISBN 978-84-7782-175-5.
- A Coruña y rías altas (1997). Xunto a Enrique Posse. Editorial Anaya Touring Club. ISBN 84-9776-054-9.
- Rías Altas (1999). Xunto a Enrique Posse. Editorial Anaya Touring Club. ISBN 84-8165-663-1.
- Compostela, vanguardia y sosiego (2000). Xunto a Xerardo Estévez Fernández e Xurxo Lobato.Editorial Lunwerg. ISBN 84-7782-650-1.
- Arte y palabra por la paz en Palestina (2002). Fundación Araguaney. ISBN 978-84-607-4612-6.
Participación en obras colectivas
editar- III Festival da Poesía no Condado (1983). S. C. D. Condado: Outros/as autores/as: Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel María, Bernardino Graña, Margarita Ledo, Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Baixeras, Cesáreo Sánchez Iglesias, Vítor Vaqueiro, Xosé Vázquez Pintor.
- IV Festival da Poesía no Condado (1984). S. C. D. Condado [83]
- De amor e desamor: Outros/as autores/as: Lino Braxe, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xulio L. Valcárcel, Miguel A. Mato Fondo, José-Maria Monterroso Devesa, Pilar Pallarés, Xavier Seoane, Lois Pereiro e Francisco Salinas Portugal. (1984). Ediciós do Castro.
- Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco.
- De amor e desamor II[84] (1985). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-237-2.
- V Festival da Poesia no Condado (1985). S. C. D. Condado: Outros/as autores/as: Xosé María Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán-Vello, Margarita Ledo, Xulio L. Valcárcel, Ánxeles Penas, Henrique Rabuñal, Xavier Rodríguez Baixeras, Vítor Vaqueiro, Xosé Vázquez Pintor.
- Desde a palabra, doce voces (1986). Sotelo Blanco. Edición de Luciano Rodríguez Gómez.
- IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989). S. C. D. Condado:[85]
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990). Ediciós do Castro.
- O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990). Galaxia. ISBN 84-7154-738-4.
- O león de catro ventos, relato publicado no volume Contos eróticos / eles. (1990). Xerais. ISBN 84-206-2862-X.
- Contos da Xustiza: Outros/as autores/as: Henrique Monteagudo, Xavier Alcalá, Darío Xohán Cabana, Carlos Casares, Alfredo Conde, Paco Martín, David Otero, Xesús Rábade, Suso de Toro, Xosé Barreiro Prado, Daniel García Ramos, Victorino Gutiérrez, Xoaquín Monteagudo, Benito Montero, Orencio Pérez e Carlos Varela García. (1991). Ir Indo. ISBN 84-7680-068-1.
- Relato contemporáneo 1: Outros/as autores/as: Xosé Luís Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Suso de Toro, Bernardino Graña, Fran Alonso, Xosé Cid Cabido e Xosé Miranda. (1995). Edicións Xerais. ISBN 84-7507-856-4.
- Berra liberdade (Escritores galegos por Amnistía Internacional): Outros/as autores/as: Xosé María Álvarez Cáccamo, Francisco Xosé Fernández Naval, Bieito Iglesias, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, María Xosé Queizán, Suso de Toro, Xavier Queipo. (1996). Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-034-9.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais: Outros/as autores/as: Xavier Alcalá, Fran Alonso, Alfonso Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Xoán Bernárdez Vilar, Xosé Carlos Caneiro, Alfredo Conde, Víctor F. Freixanes, Francisco X. Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Camilo Gonsar, Bernardino Graña, Bieito Iglesias, Santiago Jaureguizar, Marilar Aleixandre, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Carlos Mella, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Miranda, Xosé Neira Vilas, Xabier P. Docampo, María Xosé Queizán, Manoel Riveiro Loureiro, Xavier Rodríguez Baixeras, Euloxio R. Ruibal, Suso de Toro.
- A poesía é o gran milagre do mundo (2001). PEN Clube de Galicia.
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I), 2001, Consello da Cultura Galega: Outros/as autores/as: Xavier Alcalá, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Carlos Caneiro, Alfredo Conde, Miguel Anxo Fernán-Vello, Víctor F. Freixanes, Manuel María, Salvador García-Bodaño, Camilo Gonsar, Luís González Tosar, Xulio L. Valcárcel, Paco Martín, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Neira Vilas, Pilar Pallarés, Chus Pato, Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán, Xavier Rodríguez Baixeras, Suso de Toro.
- XVII Festival da Poesia. Verbas para nom esquecer..., 2003, S. C. D. Condado: Outros/as autores/as: Miguel Anxo Fernán-Vello, Margarita Ledo.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram, por Arturo Casas: Outros/as autores/as: Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Álvarez Torneiro, Antón Avilés de Taramancos, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel María, Salvador García-Bodaño, Bernardino Graña, Xulio L. Valcárcel, Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, Pilar Pallarés, Chus Pato, Luz Pozo Garza, Xavier Rodríguez Baixeras, Ana Romaní, Xavier Seoane.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). Espiral Maior (obra colectiva).
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega: Outros/as autores/as: Fran Alonso, María Lado, Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, F. Antía Otero Rodríguez, Chus Pato, Antón Reixa.
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008). Xerais.
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (2008). Foreign Demand.
- Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008). Espiral Maior.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Difusora.
- Lois Pereiro en 17 voces (2011). La Voz de Galicia.
- Tamén navegar (2011) Toxosoutos.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013). Toxosoutos.
Audiovisual
editar- O Pregón de Monte Alto. (1998). Documento sonoro recollido nun CD que contén o pregón que o autor recitou e cantou na compaña dos Diplomáticos de Monte Alto o 4 de setembro de 1998, comercializado xunto coa obra Toxos e Flores.
- La lengua de las mariposas. (1998). Audiolibro. Editorial Alfaguara, S.A. ISBN 84-204-9411-9.
- Galicia, arpa de niebla, vídeo dirixido por Juan Manuel Martín de Blas e realizado por Adolfo Dufour (2000). Editrama, D.L.
- Participación en Hay motivo nunha curtametraxe sobre o afundimento do Prestige. (2004).
- Participación en Hai que botalos na curtametraxe chamada Punto final. (2005).
- Vivir sin permiso (2018), serie de TV ambientada nun relato do autor.[86]
Galardóns
editarEn outubro de 2011 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade da Coruña[87].
En decembro de 2022 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.[88]
En 2024 recibiu o Premio Nacional das Letras Españolas. O xurado outorgoulle o premio[89]:
pola súa calidade narrativa e a súa defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega... pola extraordinaria calidade narrativa que aúna forza emocional e beleza formal e pola solidez dunha traxectoria versátil e coherente construída coa sensibilidade e a defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega. Poucos autores do panorama literario español, partindo dun compromiso firme coa súa lingua, conseguiron alcanzar tal recoñecemento a nivel mundial.
Premios xornalísticos
editar- Premio de xornalismo Puro Cora (El Progreso de Lugo) 1989
- Premio de xornalismo Xoán Fernández Latorre (La Voz de Galicia) 1991
- Premio de xornalismo Julio Camba 2002
- Premio Agustín Merello da Comunicación 2003: pola súa continuada actitude de responsabilidade ética ante os acontecementos que aconteceron na súa terra e no mundo. Nun entorno hostil, Manuel Rivas prestou o seu testemuño como xornalista e, tamén, como escritor. Sempre difundiu a figura do periodismo na sociedade como testemuña comprometida fronte á realidade.
- Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego, 2009.
Premios literarios
editar- Premio de Poesía Nova de O Facho, 1978.
- Premio Leliadoura 1989.
- Premio Torrente Ballester de Narrativa 1995.
- Premio Nacional de Narrativa 1996.
- Premio da Crítica Española 1989, 1998 e 2006.
- Premio da Crítica de Galicia 1994 e 2007.
- Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 1998.
- Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 1998.
- Premio ONCE - Galicia á Solidariedade .
- Premio 50 Aniversario da sección belga de Amnistía Internacional 2001.
- Premio Cálamo Extraordinario 2006: Por cultivar todos os xéneros de xeito brillante segundo o Xurado do Premio e por ser un exemplo de responsabilidade e compromiso social.
- VII Premio Libro do Ano 2006.
- Premios da Asociación Galega de Editores á mellor obra e ao mellor autor 2006: Premio Ánxel Casal e Premio Xosé María Álvarez Blázquez respectivamente.
- XVI Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia (libro do ano) 2006.
- Premio Antón Losada Diéguez de Creación 2007.
- III Premio Xarmenta 2007 á promoción da lingua galega no Bierzo.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa e á mellor portada para adultos no 2010, por Todo é silencio.
- Premio Ánxel Casal ao mellor libro do ano 2010, por Todo é silencio.
- Premio da AELG 2011 (narrativa) por Todo é silencio.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa para adultos no 2012, por As voces baixas.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía no 2015, por A boca da terra.
- Premio da Crítica de narrativa galega ao mellor libro de narrativa de 2015, por O último día de Terranova.[90][91]
- Premio de narrativa na I Gala do Libro Galego en 2016, por O último día de Terranova.
- Premio Internazionale de Scritture in Lingua Madre de Ostana 2019. Este premio quere poñer en valor as linguas de pequenos territorios e linguas minoritarias no mundo.[92]
- Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro de Poesía do ano 2021 por O que fica fóra (Apiario).
- Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Editado do ano 2021 por O que fica fóra (Apiario).
- Premio da Crítica de Galicia por O que fica fóra en 2022.[93]
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor guión | Todo é silencio | Nomeado |
Notas
editar- ↑ "Rivas, Manuel". Xerais. Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ "Rivas entra na Real Academia Galega". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2009. Consultado o 31 de xullo de 2009.
- ↑ Xunta de Galicia. "Manuel Rivas - Cultura de Galicia" (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ O lapis do carpinteiro é a obra en galego máis traducida do país. Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237
- ↑ "Artículos escritos por Manuel Rivas". El País (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ Navegar al desvío
- ↑ Manolo Rivas e Xurxo Souto apadriñaron a inauguración da emisora Cuac FM que emite a través do 103.4 para A Coruña e a súa área de influencia Arquivado 11 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en castelán). Metamedia.
- ↑ IMDb (ed.). "Manuel Rivas". Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ Manuel Rivas recibirá el premio de Greenpeace por su trayectoria (fundador de greenpeace en 1984)
- ↑ "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-01-08.
- ↑ "A boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua. Manuel Rivas Barrós. Xosé Luís Axeitos Agrelo - PDF". docplayer.com.br. Consultado o 2019-01-08.
- ↑ Víctor Honorato (13 de decembro de 2013). "‘Luzes’ brilla en su estreno". El País (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2018.
- ↑ IES Xosé Neira Vilas (15 de setembro de 2014). "Equipo Docente - Arquivo do IESP Xosé Neira Vilas". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ IMDb (ed.). "Martiño Rivas". Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ Sol Rivas, a aura na pel, reportaxe de Xoán Abeleira para El País.
- ↑ www.vimianzo.gal (ed.). "Manuel Rivas Barrós". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2018. Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ "[A] El pueblo de la noche". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "El pueblo de la noche y Mohicania revisitada". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "From Unknown to Unknown". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "A desaparición da neve". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02.
- ↑ "The Disappearance of Snow". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02.
- ↑ "ИЗЧЕЗВАНЕТО НА СНЕГА И ДРУГИ СТИХОТВОРЕНИЯ". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02.
- ↑ "A boca da terra. La boca de la tierra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02.
- ↑ "The Mouth of the Earth". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02.
- ↑ Nicolás, Ramón (2021-12-11). "O que fica fóra, de Manuel Rivas". Caderno da crítica. Consultado o 2022-03-14.
- ↑ Moreiras, Iria (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Bitácora do esquecemento". Grial LX (110): 109–110. ISSN 0017-4181.
- ↑ 27,0 27,1 27,2 27,3 "Páxina da Editorial Xerais das obras de Rivas". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2006. Consultado o 21 de maio de 2008.
- ↑ "Un millón de vaques". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Un millón de vacas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Un milhão de vacas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Egymillió tehén". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Million krava". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "[Un millón de vacas]". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Los comedores de patatas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Comedores de patacas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "The Potato Eaters". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "En salvaje compañía". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "In wilder Gesellschaft". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "En sauvage compagnie". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "In wild gezelschap". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "In The Wilderness". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "В ДИВА КОМПАНИЯ". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "La lengua de las mariposas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 15 de maio de 2021.
- ↑ "Jezik metuljev". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02.
- ↑ "A língua das borboletas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02.
- ↑ "Borboleta sira-nia nanál (tetún)". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02.
- ↑ "Teod ar balafenned". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02.
- ↑ "O lapis do carpinteiro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Ella, maldita alma". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ Xolda.co. "Ella, maleïda ànima". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Alma, maldita alma". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "[Ela, maldita alma]". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Las llamadas perdidas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "As chamadas perdidas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Cuentos de un invierno". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Los libros arden mal". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Els llibres fan de mal cremar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "L'éclat dans l'abîme. Mémoires d’un autodafé". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "I libri bruciano male". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Books Burn Badly". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Todo es silencio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2018. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "All Is Silence". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2018. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Tout est silence". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Lo más extraño. Cuentos reunidos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Las voces bajas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "The Low Voices". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Manuel Rivas presenta su nuevo libro ´O último día de Terranova´". Faro de Vigo. 26/11/2015. Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-19.
- ↑ Diario, Nós (2023-01-04). "'The New York Times' nomea unha novela de Manuel Rivas entre as 100 mellores de 2022". Nós Diario. Consultado o 2023-01-05.
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018.
- ↑ "Tras do Ceo - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-03.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-19.
- ↑ "El Héroe". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Bala perdida". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Il pirata Testamatta". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Bala perduda". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ Díaz, Olga (xullo, agosto, setembro 2022). "O dereito a soñar". Grial LX (235): 79–80. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Galicia, Galicia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Mujer en el baño". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-08-06.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-11-12.
- ↑ Pérez Pereiro, Marta (Abril, maio, xuño 2021). "Unha exhortación á defensa fronte a todas as vilolencias do mundo". Grial LIX (230): 93–94. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-19.
- ↑ Outros/as autores/as: Véxase a lista do III Festival da Poesía no Condado dado que son os mesmos
- ↑ Outros/as autores/as: Véxase a lista do volume De amor e Desamor dado que son os mesmos
- ↑ Outros/as autores/as: Véxase a lista do III Festival da Poesía no Condado, á que hai que engadir a Marta Dacosta, Mª do Carme Kruckenberg, Xulio L. Valcárcel, Ánxeles Penas, María Xosé Queizán e Xavier Seoane
- ↑ "VIVIR SIN PERMISO. Series TV - Telecinco.es". telecinco (en Spanish). Consultado o 2019-01-08.
- ↑ Manuel Rivas e John Rutherford, novos Honoris Causa pola UDC Arquivado 03 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., web da Universidade da Coruña.
- ↑ "El Gobierno distingue a 33 personalidades y entidades de la cultura con la Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes 2022". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 27 de decembro de 2022. Consultado o 25 de setembro de 2023.
- ↑ "Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras Españolas 2024". Nós Diario. 29 de outubro de 2024.
- ↑ Cedrón, María (8 de maio de 2016). "Manuel Rivas: «Ninguén pon esquelas en Internet»". La Voz de Galicia. Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ Real Academia Galega (ed.). "Manuel Rivas e María do Cebreiro, premios da Crítica en galego". Consultado o 3 de xuño de 2016.
- ↑ "Manuel Rivas gaña o premio internacional de Escritura en Lingua Materna de Ostana". Galicia Confidencial. Consultado o 2019-03-06.
- ↑ "Manuel Rivas, Ugía Pedreira, Chévere ou a Cova Eirós entre os galardóns da crítica da Galiza". Nós Diario. 2022-11-19. Consultado o 2022-11-19.
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: Manuel Rivas |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Manuel Rivas |
Bibliografía
editar- Araguas, Vicente; et al. (2003). Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237. ISBN 84-87804-40-3.
Ligazóns externas
editar- Páxina de Manuel Rivas na Biblioteca Virtual Galega
- "O máis estraño. A boca da literatura [blog de Manuel Rivas]". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2018. Consultado o 21 de xuño de 2018.
- "Galicia: arpa de niebla", programa con Manuel Rivas en Esta es mi tierra, de TVE (en castelán).
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros Arquivado 26 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
- Artigo Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. de Manuel Veiga Taboada en ANT