Manuel Rivas

escritor e xornalista galego
(Redirección desde «Manolo Rivas»)

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego[1], membro de número da Real Academia Galega dende 2009.[2] A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional,[3] a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.[4]

Modelo:BiografíaManuel Rivas

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Manuel Rivas Barrós Editar o valor en Wikidata
26 de outubro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Monte Alto, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaVimianzo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
IES Monelos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, guionista, director de cinema Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEl País (1983–2020) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNarrativa, ensaio, poesía, teatro
Participou en
13 de novembro de 2019Petición pública en favor dunha negociación política sobre Cataluña Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaría Isabel López e Mariño Editar o valor en Wikidata
FillosMartiño Rivas e Sol Rivas. Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webmanuelrivas.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0729085 Twitter: rivasbarrs BNE: XX1148141 Bitraga: 1331 AELG: 205 BUSC: rivas-manuel-1957 Musicbrainz: 6e42e30c-7d58-49e7-8a98-f04f945576e4 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Manuel Rivas fotografado nos anos '80.

Manuel Rivas estudou no IES Monelos e comezou a súa carreira como xornalista moi novo, aos 15 anos, como meritorio en El Ideal Gallego. Estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid.[5] Os seus primeiros artigos remóntanse á década de 1970.

 
Manuel Rivas na manifestación do xuízo do Prestige en 2012.

É colaborador en diversos medios de comunicación galegos e españois: El País, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, sendo nomeado subdirector do Diario de Galicia. Tamén colaborou nas revistas Teima e Man Común, desenvolveu unha sección fixa no semanario A Nosa Terra, foi redactor xefe da sección de cultura do efémero semanario El Globo e chegou a ser o director da revista cultural Luzes de Galiza. En 1981 participou na viaxe do Xurelo á Foxa Atlántica, onde realizou un traballo xornalístico que axudou na paralización dos verquidos radioactivos. Presentou os programas da TVG Máis alá e O mellor.

Mantén unha columna semanal no xornal El País,[6] onde comezou como correspondente coruñés e fixo numerosas intervencións en medios de comunicacións audiovisuais. En outubro de 2003 participou, xunto con Xurxo Souto, na reinauguración[7] da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da que ambos os dous se converteron en padriños e socios de honra.

 
Manuel Rivas presentando dous libros.
 
Manuel Rivas no Culturgal 2010.

No campo da creación literaria, deuse a coñecer como cofundador do grupo poético Loia, na revista co mesmo nome apareceron as súas primeiras composicións en 1977. Dous anos despois publicou o seu primeiro libro de poemas co que se revelou como unha voz distinta dentro da lírica galega e polo poema Pra escarnho e mal dizer foi galardoado co Premio de Poesía Nova de O Facho, o primeiro dunha longa serie de premios que leva xa na súa carreira como escritor, narrador e poeta, resaltando entre todos eles a concesión no ano 1996 do Premio Nacional de Narrativa por Que me queres, amor?, unha obra escrita orixinalmente en lingua galega, premio polo que xa fora finalista oito anos antes pola novela Un millón de vacas.

Escribiu destacados libros de poemas, novelas, artigos e ensaios literarios. Considerado pola crítica como un revolucionario da literatura galega contemporánea sendo el un personaxe comprometido coa súa terra e coa súa cultura. Unha parte da súa produción editorial (os ensaios) deriva da súa prolífica carreira como xornalista.

Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, como A lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1999), O lapis do carpinteiro (Antón Reixa, 2004) e Todo é silencio (José Luis Cuerda, 2012).[8]. En 2018 publicou Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, o segundo relato baséase na "idea orixinal" escrita polo autor para a serie de televisión Vivir sin permiso.

Foi membro fundador de Greenpeace[9], polo que non resulta estraño o seu grao de implicación persoal en actividades relacionadas coa catástrofe do Prestige nas costas galegas coma a creación da plataforma cidadá Nunca Máis ou coa vaga de lumes do ano 2006 no territorio galego.

É membro de número da Real Academia Galega[10]. Ingresou o 12 de decembro de 2009 a proposta de Luz Pozo Garza, Xosé Neira Vilas e Xosé Luís Axeitos, lendo o discurso A boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua, [11] respondido por Xosé Luís Axeitos.

No ano 2013 fundou a revista Luzes canda a Xosé Manuel Pereiro.[12]

Vida persoal

editar

Está casado con María Isabel López e Mariño, profesora de Economía nun instituto de ensino secundario,[13] e ten dous fillos, un home e unha muller. O fillo, Martiño Rivas, é actor.[14] A filla, Sol, é poeta[15]. Dende hai moitos anos reside en Vimianzo.[16]

Poesía

editar

Narrativa

editar
 
Evolución de gando vacún en Castela e León, Galicia, Cataluña e Portugal. O número galego inspirou o título de Un millón de vacas.

Castelán

editar

Teatro

editar

Literatura infanto-xuvenil

editar

Artigos e ensaios literarios

editar
 
Adicatoria de Manuel Rivas.

Castelán

editar

Outros

editar

Castelán

editar

Participación en obras colectivas

editar

Audiovisual

editar
  • O Pregón de Monte Alto. (1998). Documento sonoro recollido nun CD que contén o pregón que o autor recitou e cantou na compaña dos Diplomáticos de Monte Alto o 4 de setembro de 1998, comercializado xunto coa obra Toxos e Flores.
  • La lengua de las mariposas. (1998). Audiolibro. Editorial Alfaguara, S.A. ISBN 84-204-9411-9.
  • Galicia, arpa de niebla, vídeo dirixido por Juan Manuel Martín de Blas e realizado por Adolfo Dufour (2000). Editrama, D.L.
  • Participación en Hay motivo nunha curtametraxe sobre o afundimento do Prestige. (2004).
  • Participación en Hai que botalos na curtametraxe chamada Punto final. (2005).
  • Vivir sin permiso (2018), serie de TV ambientada nun relato do autor.[86]

Galardóns

editar

En outubro de 2011 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade da Coruña[87].

En decembro de 2022 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.[88]

En 2024 recibiu o Premio Nacional das Letras Españolas. O xurado outorgoulle o premio[89]:

pola súa calidade narrativa e a súa defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega... pola extraordinaria calidade narrativa que aúna forza emocional e beleza formal e pola solidez dunha traxectoria versátil e coherente construída coa sensibilidade e a defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega. Poucos autores do panorama literario español, partindo dun compromiso firme coa súa lingua, conseguiron alcanzar tal recoñecemento a nivel mundial.

Premios xornalísticos

editar

Premios literarios

editar
Ano Categoría Filme Resultado
2012 Mellor guión Todo é silencio Nomeado
  1. "Rivas, Manuel". Xerais. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  2. "Rivas entra na Real Academia Galega". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2009. Consultado o 31 de xullo de 2009. 
  3. Xunta de Galicia. "Manuel Rivas - Cultura de Galicia" (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  4. O lapis do carpinteiro é a obra en galego máis traducida do país. Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237
  5. "Artículos escritos por Manuel Rivas". El País (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  6. Navegar al desvío
  7. Manolo Rivas e Xurxo Souto apadriñaron a inauguración da emisora Cuac FM que emite a través do 103.4 para A Coruña e a súa área de influencia Arquivado 11 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en castelán). Metamedia.
  8. IMDb (ed.). "Manuel Rivas". Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  9. Manuel Rivas recibirá el premio de Greenpeace por su trayectoria (fundador de greenpeace en 1984)
  10. "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-01-08. 
  11. "A boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua. Manuel Rivas Barrós. Xosé Luís Axeitos Agrelo - PDF". docplayer.com.br. Consultado o 2019-01-08. 
  12. Víctor Honorato (13 de decembro de 2013). "‘Luzes’ brilla en su estreno". El País (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2018. 
  13. IES Xosé Neira Vilas (15 de setembro de 2014). "Equipo Docente - Arquivo do IESP Xosé Neira Vilas". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  14. IMDb (ed.). "Martiño Rivas". Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  15. Sol Rivas, a aura na pel, reportaxe de Xoán Abeleira para El País.
  16. www.vimianzo.gal (ed.). "Manuel Rivas Barrós". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2018. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  17. "[A] El pueblo de la noche". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  18. "El pueblo de la noche y Mohicania revisitada". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  19. "From Unknown to Unknown". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  20. "A desaparición da neve". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02. 
  21. "The Disappearance of Snow". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02. 
  22. "ИЗЧЕЗВАНЕТО НА СНЕГА И ДРУГИ СТИХОТВОРЕНИЯ". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02. 
  23. "A boca da terra. La boca de la tierra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02. 
  24. "The Mouth of the Earth". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02. 
  25. Nicolás, Ramón (2021-12-11). "O que fica fóra, de Manuel Rivas". Caderno da crítica. Consultado o 2022-03-14. 
  26. Moreiras, Iria (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Bitácora do esquecemento". Grial LX (110): 109–110. ISSN 0017-4181. 
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 "Páxina da Editorial Xerais das obras de Rivas". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2006. Consultado o 21 de maio de 2008. 
  28. "Un millón de vaques". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  29. "Un millón de vacas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  30. "Un milhão de vacas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  31. "Egymillió tehén". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  32. "Million krava". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  33. "[Un millón de vacas]". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  34. "Los comedores de patatas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  35. "Comedores de patacas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  36. "The Potato Eaters". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  37. "En salvaje compañía". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  38. "In wilder Gesellschaft". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  39. "En sauvage compagnie". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  40. "In wild gezelschap". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  41. "In The Wilderness". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  42. "В ДИВА КОМПАНИЯ". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  43. "La lengua de las mariposas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  44. "Jezik metuljev". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02. 
  45. "A língua das borboletas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02. 
  46. "Borboleta sira-nia nanál (tetún)". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02. 
  47. "Teod ar balafenned". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-02. 
  48. "O lapis do carpinteiro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  49. "Ella, maldita alma". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  50. Xolda.co. "Ella, maleïda ànima". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  51. "Alma, maldita alma". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  52. "[Ela, maldita alma]". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  53. "Las llamadas perdidas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  54. "As chamadas perdidas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  55. "Cuentos de un invierno". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  56. "Los libros arden mal". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-08-06. 
  57. "Els llibres fan de mal cremar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-08-06. 
  58. "L'éclat dans l'abîme. Mémoires d’un autodafé". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-08-06. 
  59. "I libri bruciano male". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-08-06. 
  60. "Books Burn Badly". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 2019-08-06. 
  61. "Todo es silencio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2018. Consultado o 2019-08-06. 
  62. "All Is Silence". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2018. Consultado o 2019-08-06. 
  63. "Tout est silence". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  64. "Lo más extraño. Cuentos reunidos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  65. "Las voces bajas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  66. "The Low Voices". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  67. "Manuel Rivas presenta su nuevo libro ´O último día de Terranova´". Faro de Vigo. 26/11/2015. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  68. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-19. 
  69. Diario, Nós (2023-01-04). "'The New York Times' nomea unha novela de Manuel Rivas entre as 100 mellores de 2022". Nós Diario. Consultado o 2023-01-05. 
  70. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018. 
  71. "Tras do Ceo - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-03. 
  72. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-19. 
  73. "El Héroe". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  74. "Bala perdida". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  75. "Il pirata Testamatta". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  76. "Bala perduda". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  77. Díaz, Olga (xullo, agosto, setembro 2022). "O dereito a soñar". Grial LX (235): 79–80. ISSN 0017-4181. 
  78. "Galicia, Galicia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-06. 
  79. "Mujer en el baño". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-08-06. 
  80. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-11-12. 
  81. Pérez Pereiro, Marta (Abril, maio, xuño 2021). "Unha exhortación á defensa fronte a todas as vilolencias do mundo". Grial LIX (230): 93–94. ISSN 0017-4181. 
  82. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-19. 
  83. Outros/as autores/as: Véxase a lista do III Festival da Poesía no Condado dado que son os mesmos
  84. Outros/as autores/as: Véxase a lista do volume De amor e Desamor dado que son os mesmos
  85. Outros/as autores/as: Véxase a lista do III Festival da Poesía no Condado, á que hai que engadir a Marta Dacosta, Mª do Carme Kruckenberg, Xulio L. Valcárcel, Ánxeles Penas, María Xosé Queizán e Xavier Seoane
  86. "VIVIR SIN PERMISO. Series TV - Telecinco.es". telecinco (en Spanish). Consultado o 2019-01-08. 
  87. Manuel Rivas e John Rutherford, novos Honoris Causa pola UDC Arquivado 03 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., web da Universidade da Coruña.
  88. "El Gobierno distingue a 33 personalidades y entidades de la cultura con la Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes 2022". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 27 de decembro de 2022. Consultado o 25 de setembro de 2023. 
  89. "Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras Españolas 2024". Nós Diario. 29 de outubro de 2024. 
  90. Cedrón, María (8 de maio de 2016). "Manuel Rivas: «Ninguén pon esquelas en Internet»". La Voz de Galicia. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  91. Real Academia Galega (ed.). "Manuel Rivas e María do Cebreiro, premios da Crítica en galego". Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  92. "Manuel Rivas gaña o premio internacional de Escritura en Lingua Materna de Ostana". Galicia Confidencial. Consultado o 2019-03-06. 
  93. "Manuel Rivas, Ugía Pedreira, Chévere ou a Cova Eirós entre os galardóns da crítica da Galiza". Nós Diario. 2022-11-19. Consultado o 2022-11-19. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Araguas, Vicente; et al. (2003). Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237. ISBN 84-87804-40-3. 

Ligazóns externas

editar